займ срочно

A Mancomunidade de Ordes preséntase aos Premios Coopera Galicia de Entidades Locais

0

Ordes, 12 de outubro do 2018 –  Os representantes plenarios da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes decidiron na última sesión presentarse aos Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2018. 

Os Premios Coopera Galicia son concedidos pola Xunta de Galicia co fin de impulsar e difundir as iniciativas de asociacionismo municipal. Nesta ocasión o proxecto presentado polos concellos da Mancomunidade consiste nunha plataforma ecosocial para o consumo colaborativo e de alfabetización dixital. Baixo a denominación de Ecomotic a súa finalidade pasa pola creación dun proxecto de educación medioambiental centrado no consumo colaborativo. Inclúe a coordinación e implantación da dita plataforma web para fomentar e facilitar o préstamo e cesión de recursos entre a veciñanza con familias vulnerables da comarca. Os principais obxectivos deste proxecto son promover unha mancomunidade máis sostible, participativa e solidaria; reducindo os residuos que xeramos, implicando á poboación no proxecto e á par colaborando coa área de Servizos Sociais para cubrir necesidades de familias en situación de vulnerabilidade.

Para conseguir estes obxectivos proponse unha ferramenta que facilite os intercambios, préstamos e cesións de recursos entre a veciñanza. Tamén a realización de charlas de información, formación e titorización para aprender a manexar a plataforma web, prestando especial interese ás persoas maiores (alfabetización dixital previa). A outra metodoloxía vai dirixida especialmente ao persoal da área de Servizos Sociais como asesores na creación de perfís de usuarios e usuarias na plataforma como requisito indispensable para lanzar peticións que poidan ser respondidas por veciños e veciñas solidarias.

De conseguir o premio sería o terceiro galardón acadado pola Mancomunidade. O primeiro recibiuno polo Servizo de Atención Temperá, na convocatoria do 2014. Na de 2016 temen o conseguiu grazas ao servizo ConectaCIM, unha plataforma informática mediante a cal as usuarias do Centro de Información á Muller poden facer uso do servizo sen necesidade de ter que desprazarse, podendo solicitar citas, establecer conversas, ocultar a propia plataforma no dispositivo, ademais de usala en zonas sen cobertura ou sen datos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies