A Mancomunidade Serra do Barbanza fíxase como prioridade garantir a recollida de lixo

0

Lousame, 7 de abril do 2017 –  Debido ás deficiencias cada vez máis acusadas no servizo de recollida de lixo nos concellos  que forman parte da Mancomunidade Serra do Barbanza, onte tivo lugar unha reunión en Lousame á que foron convocadas as nove alcaldías afectadas xunto coas súas secretarías e intervencións.

A presidencia da Mancomunidade convocou esta reunión para dar resposta ao acordado na reunión de alcaldías celebrada o pasado martes, 4 de abril, en Muros e co obxectivo de estudar e avaliar as posibles medidas a adoptar de cara a garantir unha correcta recollida do lixo. A urxencia da convocatoria debeuse á inminente chegada de Semana Santa e á proximidade do verán, épocas nas que en moitos dos nove concellos a poboación se incrementa notablemente e as consecuencias dun deficiente servizo se agravarían.

Na reunión quedou claro, unha vez máis, que a prioridade é garantir un correcto servizo, para o que se acordou que a Mancomunidade adoptará todas as medidas posibles, por extraordinarias que teñan que chegar a ser, para garantir a correcta prestación deste servizo básico, algo no que xa se está traballando dende ese mesmo momento dende a presidencia da Mancomunidade coa colaboración de todos os concellos afectados.

Non obstante o anterior, tamén  se lle ordenou á empresa que presta o servizo, FCC, que regularice de inmediato o servizo de recollida e se lle advertiu das posibles accións que levará a cabo a Mancomunidade en caso de incumprimento desta nova orde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial