A segunda parte da guerra sucia que manteñen os comandos escuros da CIA, DEA e demais operativos estadounidenses na fronteira co veciño do Sur, chega a grande pantalla, coma o máis salientable da pasada fin de semana, en Sicario: Day of the soldado.

No 2015, o guionista Taylor Sheridan imaxinou unha moi crible historia dun corpo de elite “alegal” que loitaba contra “el narco” mexicano usando medios e maneiras propias da contraintelixencia. A suma dos talentos na dirección de Denis Villeneuve,  de Roger Deakins na fotografía e de Jóhann Jóhannsson no B.S.O. deu en Sicario un magnífico resultado de filme crepuscular, duro e cáustico, que non deixaba folgos nin esperanzas inocentes.

No presente ano, segue Sheridan a escribir os conflitos que teñen que sortear o asasino sen remordementos Alejandro (rol ben interpretado por Benicio del Toro) e o seu mentor Matt Graver (o prolífico Josh Brolin, que vai camiño de ser o tipo duro oficial de Hollywood).

Nesta ocasión, a loita é cun novo inimigo. O tráfico ilegal de seres humanos que buscan na terra das liberdades  e no fogar do valente, unha mellora nas súas calidades vitais aínda que para iso, teñan que caer nas redes das mafias locais, que lúcranse moito máis co negocio do transporte humano que co do “po branco”, coma ben argumenta Graver ante o Secretario de Defensa James Riley (interpretado polo cada vez máis recuperado para o cine, Mathew Modine).

E qué quere un tipo coma Riley?. Pois venganza. Tras un sanguento atentado e coas presas coma malas conselleiras, o análise dos feitos da coma orixe dos problemas o cartel dirixido por Reyes (primeiro erro), otrora máximo responsable da sorte final da familia de Alejandro. As mentes que moven os fíos  destas marionetas idean unha guerra doméstica entre cárteles. Para que teña éxito deben traspasar o borde da legalidade (segundo erro), confiar na cooperación coas forzas mexicanas (terceiro erro) e facelo rápida e discretamente (erro final).

A saída do cinema, preguntoume un empregado da sala se era mellor ou peor esta secuela na comparativa coa orixinal. Nin unha nin outra. Son diferentes, pero as dúas son boas. SICARIO: DAY OF SOLDADO é un filme que aporta máis doses de xénero bélico, pero que non renuncia a escarbar nas miserias nocturnas e a chamada dos cartos para xentes sen ética nin moral. Non ten a profundidade nas motivacións que víramos na primeira (sobre todo a Kate Macer, que bordara a actriz Emily Blunt), pero todo o que déramos por moi bo na primeira volve a estar aquí; acertadísimas localizacións -o Deserto, volta ser outra grande protagonista, case que omnipresente nas historias ideadas por Sheridan-, de moito mérito as eleccións no casting e a conxunción da fotografía de Dariusz Wolski (sen chegar a grandeza do seu colega Deakins) e a música composta por Hildur Guonadóttir, grave, dura, perpetua, moi acertadamente na liña da feita por Jóhannsson, dan un resultado de notable.

E outro grande achado de Sheridan (guionista excelso, de logros discursivos memorables) e contar historias paralelas sen necesidade de mencionalas. Chega cunha ollada para coñecer a deriva dos protagonistas, coma as vivencias sufridas pola filla do capo, Isabel ou do rapaz que sen querer remata sendo un sicario, mal que lle pese o principio e para súa sorpresa o final, tamén.

E xa que falamos de epílogos, deixoume un pouco así daquela maneira, o remate aberto para unha continuación de futuras películas, coma se dun filón que está aínda por explotar. Podo aceptalo sempre e cando propoñan contos que non desangren a franquicia nas súas calidades argumentais. De feito, o principal motivo por ir velo filme, foi por estar Sheridan no guión desta produción. Insisto; un dos mellores escritores que agora mesmo ten ese outro Hollywood, que cada ano asoma un pouquiño máis a testa e que coma xa dixeramos nalgunha outra ocasión e cuestión de tempo que xurda coma un tsunami, arrase co exceso de filmes DE efectos especiais e volva darnos unha xeración onde as historias sexan o principal ingrediente (a última foi na lonxana década dos Setenta).

Non moito máis que engadir. Aplaudo o pulso firme da rodaxe do italiano Stefano Sollima, que non lle queda grande o proxecto  -xa nos gustara na súa SUBURBA (2015)- e xa postos e aproveitando que no verán temos sempre un pouco máis de tempo para o ocio, recoméndovos a serie GOMORRA, baseada na novela –de feitos reais- de Roberto Saviano, que Sollima dirixiu (parte dela), nos anos 2014 ata 2016.

Paga a pena vela.

Vémonos nos cinemas, que ademais estase fresquiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies