Mandingo escribe sobre Bombshell, unha escura historia sobre o acoso sexual nos medios de comunicación

0

“Todo o que está a acontecer é moi triste. El é un tipo xenial” -Donald Trump, candidato oficial do Partido Republicano á presidencia dos EUA (25  de xullo do 2016)-.

Ese “great guy” foi Roger Ailes, durante vinte anos o director executivo de Fox News, a rede de noticias ultra-conservadora englobada na mega-lobby corporativo propiedade do misántropo magnate Rupert Murdoch, multimillonario afeccionado a mercar (a golpe de talón) vontades dos ex-presidentes dos gobernos aliados as causas que más lle conveñan.

Mandingo escribe sobre Bombshell, unha escura historia sobre o acoso sexual nos medios de comunicaciónAiles, sen dúbida, era grande … de cintura e de voraces varios apetitos, que consolidou un novo formato audiovisual onde os códigos deontolóxicos do xornalismo foron esmagados polo seu enfoque informativo persoal (“dálle á xente o que quere, aínda que non saiban que o queren “) e que en 1996 creou para a nova Fox o xerme do que hoxe coñecemos como”fake news “. Xa non é necesario contrastar a fonte da información, basta con dicir “algúns din que isto é así”, coma unha veterana xornalista dille á moza editora Kayla Pospisil, aspirante a estrela mediática, papel correctamente desempeñado pola actriz Margot Robbie para o Bombshell do cineasta Jay Roach, feliz responsable da notable Trumbo (2015).

Producida, na grande medida, polo empeño persoal da actriz Charlize Theron (ela elixiu a Robbie e a Nicole Kidman coma compañeiras no reparto), Bombshell conta, con logrado ritmo narrativo, a loita desigual á que enfrentouse a xornalista Gretchen Carlson (a cada vez máis indixesta Kidman) para revelar as prácticas depredadoras do mesmo Ailes (o principal, pero houbo máis culpables). A historia divídese entre as vivencias das tres locutoras (o rol da Robbie, é o único ficticio, pero é suma doutras vítimas) e a particular perspectiva que ten dos feitos ó sátrapa Ailes, que entende coma algo seu e obvio as exixencias sexuais ou exhibicionistas ás que somete as súas subordinadas. No seu foro interno coida que non fixera nada malo e a única indignación que semella ter, mesturada co desprezo e odio, é a de non poder finalizar la tarefa mesiánica co Destino otorgoulle.

Iso, o cando menos, poder aspirar a xubilarse na empresa que axudou medrar ata límites inimaxinables con beneficios de 1.500 millóns de dólares anuais. Esa empresa na que todos formaban parte como unha familia leal, -o primeiro- e feliz si aceptabas as súas normas internas de comportamento; vixiados por ese exército na escuridade de empregados-espía ao servizo dos comisarios políticos da planta (ata vinte e catro tiña na nómina Ailes), cos teléfonos pinchados gravando conversas dos traballadores y coa obriga de levar vestidos axustados, con xenerosos escotes ou saias “ARC” para as mulleres, maquillaxe y peiteadas como barbies, moitas delas silentes y sorrindo ante os muxidos dos macho alfa engarabatados. E isto non acontecía baixo a éxida talibán, non. Sucedeu na compañía televisiva máis poderosa nos EE.UU. ata vai catro anos.

Mandingo escribe sobre Bombshell, unha escura historia sobre o acoso sexual nos medios de comunicaciónConfeso co filme non era una prioridade inmediata pero a viva recomendación dunha lectora -grazas, Ana- motivoume non só ao seu visionado se non tamén ao da serie The Loudest Voice (2019), biopic centrado máis na figura de propio Ailes e as maquinacións e intrigas, como un alter-ego terrible daquel Francis Underwood que bordara o defenestrado Kevin Spacey. A serie, capitalizada polo polifacético Tom McCarthy, unha das voces máis preclaras da Industria do Grande Hollywood, tormento do republicanismo máis rancio -e que lembramos coma o principal artífice desa pequena xoia titulada The Station Agent (2003); a estoupa lindes trumparianos The Visitor (2007) ou a recente -e magnífica- Spotlight (2015)-, é unha formidable recreación da psique dun personaxe paranoico sen miramentos éticos ante a procura dos seus obxectivos e que interpreta un caricato no exceso  Russell Crowe que, pola comparativa, perde con dignidade ante a interpretación que brinda John Lithgow, máis próximo na idade ao personaxe e ¡que demo, tamén mellor actor!.

Dúas ofertas distintas pero que recomendamos con vehemencia. A longametraxe, de estrea actual na grande pantalla, sinalámolo coma prioritario pola brevidade coa que este tipo de cinema permanece nas salas de proxeccións e porque o que denuncia Roach son uns feitos que por desgraza son máis habituais do que coidamos; moitas veces polo temor das vítimas a non ser escoitadas ou crías (o desprestixio profesional que xurde da propia empresa y dos seus asalariados cómplices) ou o mesmo medo a sufrir represalias dos xefes ou os linchamentos nas opinións inquisitoriais e tamén o pavor a exclusión social e laboral… un tormento que semella non ter fin; unha lacra da ignorancia que propágase auspiciado polos Poderes, co amparo dos millóns de sufraxios de aquí e de alá.

Bombshell non é un filme excepcional, pero é tremendo o mérito co que Theron logra reunir tantas primeiras espadas, sen papeis cómodos, e superar as presións de certas compañías audiovisuais americanas para chegar finalmente ás pantallas dos cinemas

Aínda que a derradeira imaxe é a dunha Carlson vitoriosa que, mentres asinaba a súa indemnización (50 millóns de dólares pagou a Fox ás vítimas de acoso sexual -case trinta mulleres-) di con sorpresa que “nunca pensei que remataran por desculparse”, a realidade é ca liquidación que Ailes levou por rescindila súa relación laboral con Murdoch, foi de 40 millóns, palmadiña nas costas e “vivir que son dous días” (e realmente foi, xa que morreu o ano seguinte).

Foi un caso que conmocionou á opinión pública estadounidense, que reaccionou cos movementos de emponderamento feminino que levou sen escusas á Xustiza ao sátrapa H. Weinstein, unha figura moi coñecida e influínte que ten moi difícil librarse do cárcere -como fixo Ailes- e é que sábese que a información é poderosa e non tirar a manta nin acender o ventilador, ten un prezo que só se mide co silencio dos ex-“molt honorables”.

Hoxe, o case nonaxenario Murdoch, observa como o seu imperio de medios de comunicación e propaganda está sendo cortado polas guerras intestinais entre os seus numerosos parentes (pelexas fratricidas, navalla na man sen conceder prisioneiros, entre as súas ex-mulleres e entre fillastros) mentres Fox segue sendo un reduto do conservadorismo máis recalcitrante onde os seus empregados de base seguen baixo a eterna sospeita de ser unha tropa de xantadores liberais de sushi.

Pero polo menos, as mulleres xa poden levar pantalóns …

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial