займ срочно

#cineuropa31, Mandingo fálanos de Mi mundial, The Fade e Sult

0

Continúa en Compostela Cineuropa, nesta segunda semana con proxeccións da mellor vangarda europea e con outras miradas alleas ó Vello Continente, propostas frescas e con grande recoñecemento polo público asistente como Mi Mundial, The Fade ou Sult.

Basta coma exemplo o debut na longametraxe do uruguaio Carlos Morelli co seu MI MUNDIAL (2017) e que asina tamén, xunto con Martín Salinas o guión adaptado da novela homónima escrita por Daniel Boldi.

Non hai moitas películas exitosas que aborden temáticas deportivas e moito menos relacionadas con balompé. O acerto de Morelli é o de centrarse no trasfondo da historia e non recrearse tanto en aspectos deportivos que non teñen moito que ver co discurso cinematográfico.

Fernando “Tito” Torres (Facundo Campelo) é un cativo cun extraordinario potencial para converterse no novo Messi nos vindeiros anos. Membro dunha familia onde a crise económica bateu con forza, ten no deporte unha vía de escape para ir mal levando o seu fracaso escolar. O seu pai, Rubén (boa interpretación de Néstor Guzzini), é un “looser” que aínda conserva o orgullo de non deixarse comprar polo adestrador do equipo para que o fillo xogue a final do campionato a pesar de telo prohibido polas pésimas cualificacións que obtén no colexio.

Todo cambia cando aparece Rolando (Roney Villela), representante de novas promesas, co seu flamante auto, co seu rolex, cos seus colares de ouro, a súa gomina, o bronceado perenne e coa vestimenta propia dun adulto “namorado da moda xuvenil”. Por suposto, Rolando engatusa a familia para ir da man de él. Cartos, casa, seguro médico… Só teñen que asinar aínda que sexan cunhas poucas pingas de sangue. A él, válenlle ben.

Estamos ante un filme de boas intencións que denuncia con acerto, ó despropósito no que está a converterse dende vai xa uns cantos lustros o mundo do football. Cantidades millonarias que circulan de man en man por nenos chamados a ser os novos maradonas. Tratados coma adultos, presionados coma tales, coa súa infancia roubada e que só un de cada mil conseguirá chegar ó cumio. En definitiva, unha colección inagotable de xoguetes rotos.

Ten moito mérito rodar un filme destas características nun país coma Uruguai, onde o balompé é case unha relixión. Un título recomendable para tódolos rapaces que soñan con ser figuras no deporte e que obvian a importancia da formación tanto a nivel académico como humanístico.

Continuando co menú de hoxe, imos despois do petisco, co prato principal. A xermana AUS DEM NICHTS (2017) dirixida por o turco-xermano Fatih Akin; director dun talento excepcional. Aforramos ó suspense e imos sen preámbulos a cualificala coma unha das mellores películas no que vai de ano. Cunha proposta narrativa canónica marcada en tres actos: a dor de Diane Kruger (FOR-MI-DA-BLE a súa caracterización) con esa fotografía de Rainer Klausmann fría, húmida, que conxela os ósos e entumece o corpo; a segunda parte, o nó central do xuízo, filmado cunha pulcritude milimétrica, ensinado técnica e estilo e cun duelo de titáns interpretados por Denis Moschitto e Johannes Krisch, cunha ausencia sepulcral de calquera adorno de son ou musical e no final, o mar, a expiación de Katja, coa cámara en man, chea da luz do mediterráneo y coa intrusión audímetra da música de Josh Homme.

Cine de altura. Proposta dura, crúa, sen capturar prisioneiros. Alerta do que está a ocorrer de forma silente, case imperceptible, pero moi real.

Poderosas descripcións da barbarie e dos seus resultados, que están máis cercanos ó IMPERIUM (2016) de Daniel Ragussi –aínda que a de Akin é moito mellor- que a sobrevalorada AMERICAN HISTORY X (1998) de Tony Kaye.

Dúas horas (que pasan coma se foran dez minutos) de imaxes engarzadas á perfección polo seu editor habitual, Andrew Bird. Deixámolo intencionadamente para ó final, como grande mérito técnico. A mellor montaxe, xeralmente, é a que non decátase un dela. Todos queren a autoría do filme, produtores, guionistas, directores… Pero nas tixeiras e o pegamento está a fortuna dun título.

Non perdan á ocasión de disfrutar deste título, xa capital, na filmografía europea.

Grazas, Fatih Akin; tes un viño pago.

E para rematar, ó postre. A guinda que remata ó pastel dunha xornada para a lembranza. A icónica SULT (1966) de Henning Carlsen. Título mítico europeo que xoga nunha división excepcional dentro dese cinema alonxado de calquera pretensión que non sexa única e exclusivamente á artística. O concepto de filme coma auténtica obra mestra do Arte. Expresións máximas do intelecto humano coma foron no seu momento ó ORDET (1955) de Dreyer ou  PERSONA (1966) de Bergman.

Pontus é un famento escritor que deambula polas rúas de Kristiania intentando vender ós seus artigos o editor da vila. Mentres iso non ocorre, tropeza coas persoas, intenta roubarlle a comida ós cans, trata de empeñar os botóns da súa chaqueta… Miseria de vida, filmada cun toque onírico, irreal e que é gran debedora na súa concepción visual da coetánea REKOPIS ZNALEZIONY W SARAGOSSIE –El Manuscrito Encontrado en Zaragoza- (1965) de Wosjciech Has ou do L´ATALANTE (1934) de Jean Vigo.

Peter Seeberg e Carlsen, adaptan a novela do Nobel Knut Hamsun cunha especie de viaxe de eterno retorno unha e outra vez polas mesmas rúas, coas facianas repetidas, con idénticos e lóbregos locais, coma un sino nefasto capitalizado pola sublime interpretación de Per Oscarsson, outrora un Don Quixote inadaptado, trastornado ata o paroxismo. Tolo e maldito, que vive atrapado nese bucle contrareloxo coma un trasunto de Leopold Bloom.

E todo aumentado por esa doente música do malogrado Krzysztof Komeda -autor dos mellores traballos iniciais de Polansky- e por esa luz surrealista, intermundi, que filma o propio Carlsen. Unha rara avis, pero unha xoia imperecedeira. Imprescindible. Unha obra mestra, Patrimonio da Humanidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies