займ срочно

tras as apostas, Mandingo cóntanos como foi a gala dos Óscar 2018

0

Mandingo cóntanos as impresións levadas do visionado da nonaxésima edición dos Oscar, finalizada nesta madrugada e que o noso crítico adiántanos coma unha das mellores das últimas décadas.

The Shape off the water, mellor película

Para os que gostamos do cinema máis clásico a retransmisión da entrega dos Óscar é sempre unha boa excusa para trasnoitar diante do televisor e cruzalos dedos para que as catro horas que soe durar o evento pasen de maneira áxil e entretida. E xa vos adianto que a de este 2018 foi unha das mellores de tódalas que levo disfrutado desde cativo.

Jimmy Kimmel repite coma presentador-conductor do espectáculo nun  fermoso e brilante escenario. Para que non haxa ningunha dúbida do rumbo que vai levar o show, o cómico deseguido arremete contra as malas práxis da industria do cinema, falando claramento dos comportamentos de Harvey Weinstein;  e respaldando os movementos “Me Too” e “Time´s Up” coma uns cambios “positivos e necesarios”.  Nos primeiros intres fala do éxito de BLACK PANTHER ou WONDER WOMAN, de ver xa moldes novos nos nomeamentos de mulleres en apartados otrora na exclusividade masculina, con triscadelo inclusive ó escritor e cineasta Jordan Peele, autor da turbadora GET OUT e que tras case un ano da súa estrea segue a ter unha excelente carreira comercial nos cinemas do seu país.

A primeira broma, recurrente durante toda a gala, é a que Helen Mirren presenta coma si dunha azafata do Prezo Xusto tratárase: o que teña o discurso de agradacemento máis breve, gaña unha moto acuática dunha marca xaponesa (que imaxino debeu soltar un “pastón” por sair nunha audiencia potencial de moitos centenares de millóns de televidentes).

Os premios abren co de mellor actor de reparto, e coma estaba “cantado” Sam Rockwell leva a estatuilla pola súa caracterización de policía racista o que lle falta un fervor. Unha bágoa, por que Willem Dafoe fai a mellor interpretación, de longo, nos secundarios. Moi sentidas as bágoas de Francés McDormand, por certo.

O seguinte recoñecemento é para Maquillaxe e Perruquería. Gaña Kazuhiro Tzusi por meterlle unha boa papada a Gary Oldman. Fito importante coma logo veremos e que lémbranos un malicioso comentario de vai uns anos cando Nikole Kidman gañou o seu Óscar coma mellor actriz; “en realidade, déronlle o premio á nariz da actriz” (tiña unha prótese nasal moi notoria).

A grande e lúcida Eve Marie Saint, (deliciosas as súas anécdotas do Hollywood máis mítico), entrégalle o mellor vestiario a Mark Bridges pola excelsa PHANTOM THREAD. Tería moito sonroxo que non gañara, sendo a historia dun modisto de alta custura, a verdade. Para mellor documental, a maravillosa VISAGES VILLAGES da nosa queridísima Agnes Vardá non ten o recoñecemento que merece e o Óscar vai para ICARUS, filme que fala do dopaxe deportivo na Rusia do Putin.  A Ceremonia, a estas alturas esprinta nos premios técnicos e vai dando de dous en dous. Tanto as edicións de son coma as de mestura van para o DUNKIRK de Nolan (ben, pero a miña aposta era polo BLADE RUNNER 2049, máis complexas e monumentais).

Collemos folgos, e Kimmel pregúntalle a Spielberg o seu nome. “Steven”. “¿E qué o que fas ti?, pregúntalle de novo. “Son ó esposo de Cate Capshaw”, mirando a muller que ten o seu carón. Boa pista do que imos ver durante as vindeiras horas.

Coco, mellor longa de animación

O deseño de producción e decorados van para THE SHAPE OF WATER, algo máis ou menos predecible, pero que non están ó colosal nivel visto no BLADE RUNNER 2049. Pouco despois Gael García Bernal desafina na intro que fai da canción principal de COCO, a ñoña REMEMBER ME, que acabará gañando o Óscar.

O auditorio ponse en pé para recibir a Rita Moreno. A actriz da o premio o mellor filme de lingua extranxeira para a chilena A FANTASTIC WOMAN. Neste intre xa vemos unha super reivindicativa gala coa figura da muller na Historia do Cinema. ¡Por fin, álzanse ó unísono tódalas voces!. O público presente empeza a sentir unha sinerxia lúdico-emotiva. Cando Allison Janney recolle o calvo dourado á mellor actriz de reparto, agarda un segundo para dicir medio broma, medio seria “o fixen eu todo. E o fixen eu sóa”. Risas e ovacións.

Xa levamos hora e media e a verdade e que está sendo moi levadeira; cando vemos no escenario a Mark Hamill para entregar a Kobe Bryant o premio a mellor curta animada e dar o de longa a COCO, algo que entraba en tódalas quinielas. Moi bos os discursos dos directores agradecendo á cultura mexicana e a súa xente. E tamén as súas respectivas parellas, ó esposo no caso do codirector e para a esposa no caso da codirectora. Sospeito que na Casa Branca estaban preparando xa os desfibriladores.

Guillermo del Toro, mellor dirección

Máis premios técnicos “cantados”. Mellores efectos especias para BLADE RUNNER 2049 e mellor montaxe para Lee Smith (incontestable neste caso) por DUNKIRK. As dúas horas xustas, Kimmel mellora a sorpresa do ano pasado, -aquela na que turistas acuden a Ceremonia sen sábelo- e leva ó cinema que está na beirarrúa de en fronte, a Gal Gadot, del Toro e Mark Hamill entre outros. Moi inxenioso. E acontecemento inesquecible para os fans. Sentín unha certa envexa. Un dos espectadores da paso a unhas presentadoras que empezan a facer chistes (moi divertidos) de brancos. Mentras entréganse os galardóns as mellores curtas de acción e documentais, dámonos conta que o marido de Meryl Streep ten a mesma cara de aburrimento ca do ano pasado.

Gary Oldman, mellor actor

Para que o actual presidente dos EE.UU. non acuse de antiamericanos e subversivos bolcheviques os membros da Academia, ésta fai un vídeo homenaxe as tropas estadounidense a través dos bélicos que produciu, presentados por un actor que estivo “con orgullo” no Vietnam. Tíbios aprausos e algún son de grilo. ¿Era necesario?.

Levamos dúas horas e cuarenta e cinco minutos e Roger Deakins recolle o premio como mellor director de fotografía polo seu memorable traballo en BLADE RUNNER 2049. Tiveron que pasar ¡14! nominacións para que poidera gañalo. Merecidísimo.

Co auditorio ainda posto en pé despois de escoitar totalmente entregado nunha atmósfera electrizante -no plan “arriba eses puños, tigres”- a quinta canción nomeada “This is Me”, aparece un avellentado Christopher Walken para darlle a Alexander Desplat o seu segundo Óscar como mellor compositor (Del Toro, moi inquedo durante toda a retransmisión sorríe cómplice).

Tantas emocións ai que rebaixalas e qué mellor que por o vídeo-obituario daqueles que xa non están. Chama a atención que xa non escóitanse ás ovacións. Case mellor… polo do agravio comparativo.

 Xa so quedan os catro premios máis importantes; e polo que vese, Hollywood ainda non cansou de premiar a cineastas mexicanos. Guillermo del Toro, gaña ó mellor director, dándolle ás grazas a Fox Searchlight  “o mellor sitio onde un pode estar”, mencionando a un sorrinte Steven Spielberg e con humildade, fala do apoio que tivo para levar unha “historia de amor que é tamén un thriller e un musical e que intenta barrer as liñas que sepárannos. Cada vez máis profundas”. Díxoo moi emocionado. Bo discurso. Alégrome polo director. É un bo tipo.

A gala estaba xa descontrolada a nivel emotivo e no ambiente presentíase que o mellor ainda estaba por ocorrer. Ovación de luxo cando Jane Fonda (e que por certo rescatou aquelo de “and the winner is”) e Helen Mirren aparecen para dar o premio ó mellor actor a Gary Oldman. O inglés deu un elegante discurso, conscente de que non ía gañala moto náutica. Interpretación moi do gusto da Academia, pero que non é a mellor. Supoño que algo de homenaxe pola súa carreira vai tamén incluído.

Frances McDormand , mellor actriz

E o mellor momento foi cando unha lesionada Jodie Foster desvela ó premio a mellor actriz. Frances McDormand (¡qué extarodinaria actriz e qué extraordinaria muller!) fíxoo un memorable discurso que emocionou ós presentes. Só a interpretación de Diane Kruger para o filme de Fatih Akin AUS DEM NICHTS seméllame superior, pero non desmerece o recoñecemento. ¿E qué podo decir do ben que sabe perder Meryl Streep?. ¡Qué elegancia natural!. ¡Admirable!.

Para rematar, na entrega do grande premio repiten Faye Dunaway e Warren Beatty. “Só queda por dar un premio, ¿qué pode ir mal?”, pregúntase Kimmel. Unha auténtica xenialidade. E o tío Óscar vai para THE SHAPE OF WATER. Del Toro, fainos sorrir, o collelo premio e mirala tarxeta e comprobar que sí, que é a gañadora.

E como glorioso colofón Mark Bridges, con chaleco salvavidas inclusive, aparece montado na moto naútica xunto a Helen Mirren saudando ó respetable.

Unha ceremonia para disfrutala. Mereceu a pena non pegar ollo.

E para rematar, quero dar os meus parabéns a Andrés Goteira e o equipo de DHOGS polos trece “Mestre Mateo” que acadaron o pasado sábado na festa do audiovisual galego. Tivemos a sorte de coñecelos na clausura do CURTAS do ano pasado e vislumbramos un brilante futuro para todos eles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies