O prometido é débeda e Mandingo fai a súa particular aposta ós premios Óscar. Vexamos cales son as súas favoritas e para o vindeiro luns comprobaremos o bo ollo que ten (ou non).

Os meus queridos lectores, convídovos a participar nesta  “porra” ou “quiniela” ou coma queirades chamala, para tentar adiviñar que películas van ser ás triunfadoras nesta nonaxésima edición dos premios que a Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas dos EE.UU. vai  dar a coñecer  en pouco máis de vintecatro horas. O sufraxio non ten regras. Podedes valorar tódalas nominacións ou ben unha soa, ou dúas ou as que vos apetezan. ¡Barra libre!, por tanto.

Comezo co grande premio, o máis importante de todos. O de mellor filme (realmente o que premian é a produción, de feito o recollen os produtores do filme non o director). Este ano están nove proxectos cun nivel rozando o sobresaínte. Vai un “esquezo” imperdoable pola ausencia da película de Sean Baker, THE FLORIDA PROJECT, case con toda seguridade o máis fermoso conto de fadas malditas que gozarei no 2018.

CALL ME BY YOUR NAME

Das que si están na lista THE POST de Steven Spielberg é, de longo, a mellor de todas elas, pero sospeito que os membros da Academia pensarán que outro agravio máis o fillo de Cincinnati non terá moita importancia a estas alturas. Das oito restantes, exceptuando CALL ME BY YOUR NAME, teñen o nivel para non ruborizar de vergoña allea. O conto, fermoso, que propón THE SHAPE OF WATER parte con moitas opcións aínda que tanto PHANTOM THREAD coma THREE BILLBORADS… son mellores (e por este orde). Vexo complicado que outra “indie” coma LADY BIRD poda repetir por segundo ano. A historia, tremenda, do GET OUT é arriscada de máis para os cánones da Academia (o mérito é chegar a estar nomeada) e tanto DUNKIRK coma DARKEST HOUR son en demasía británicas.

Paul Thomas Anderson

Na dirección a miña aposta é por Paul Thomas Anderson. Firma o mellor traballo, pero outra vez temo que non vou a acertar, e o recoñecemento caerá, se non están moi cansos de premiar a filmadores mexicanos en Guillermo del Toro. ¡Ollo á que podería ser unha grande sorpresa, na cineasta Greta Gerwig!. A corrente actual de recoñecer os méritos das mulleres no cinema (por tanto tempo soterrados polas actitudes machistas do Grande Hollywood) e a propia valía da cineasta poden ser unha baza gañadora de derradeira hora. Tanto Nolan coma Peele fan un bo traballo, pero non contan co peso para inclinala balanza do seu carón. (Nese aspecto era demoledor a presión a que sometía os votantes o noxento Harvey Weinstein).

Frances McDormand

Para mellor actriz principal, Frances McDormand consegue abaterme e ten o meu voto, a pesar da excepcional caracterización (outra máis) de Meryl Streep. Aquí coido que vou coincidir coa Academia pero non descarto que a “silente” Sally Hawkins sexa a tapada. Meritorias as interpretacións de Margot Robbie e Saoirse Ronan pero non chegan a nota máxima.

Gary Oldman

No premio para mellor actor principal non teño dúbida. Daniel Day-Lewis é o meu nome. Brilante e medido coma case sempre. Que deixe as táboas (non é a primeira vez e supoño que non será a derradeira) xoga o seu favor  e a posibilidade de gañar o cuarto Óscar (sempre en roles principais) sería algo histórico. Pero precisamente iso tamén é o maior atranco para non gañalo. Van moitos excepcionais actores estadounidenses o longo das décadas que non tiveron tanta sorte. Veremos. O maior rival para o británico é o notable traballo que fai Denzel Washington, pero voume mollar e direi que a Academia vai premiar a Gary Oldman polo seu Churchill. Rol moi agradecido para recoller loas e agasallos e que coma triscadelo a toda unha carreira pode valer. Tanto Chalamet coma Kaluuya son moi novos para colleitar semellante galardón (estou pensando o que farían os da Academia, xa que as súas interpretacións son realmente sentidas e de ovación ensordecedora).

Laurie Metcalf

O Óscar a mellor actriz de reparto ten nome propio na británica Lesley Manville e a súa magnífica presenza (antes chamábase “secundaria”, pero para non ferir sensibilidades trocárono, coma tamén o dito final de “and the winner is” polo de “and the Oscar goes to”. Estamos nunha Sociedade ben pensante por fora, de permanente postal do Nadal, pero a pouco que rasques, ves que todo segue sendo cartón-pedra). Gaña ós puntos á malvada nai que fai Allison Janney, pero para a Academia, a estatuilla vai ser para Laurie Metcalf, xusta homenaxe a eses cómicos que fan papeis de segunda opción pero cunha calidade interpretativa de primeira clase. Non o vería mal, a verdade.

Para o actor de reparto non o dubido e Willem Dafoe o merece con creces polo seu “anxo da garda” que vai na pel do xerente do motel na Orlando de DisneyWorld. Nembargantes, o meu servizo de contraespionaxe asegúrame que Sam Rockwell vai ser o que leve o felino ó charco. Fai un bo traballo na pel do policía racista e curto de entendederas, pero non mellora a Dafoe.

Greta Gerwig

No guión orixinal vexo con moitas opcións o escrito semi autobiográfico de Greta Gerwig para o seu LADY BIRD. Tras a polémica de vai uns días acusando a del Toro de plaxio, penso que sendo o grande favorito, vaille prexudicar irremediablemente. Persoalmente o daría a Martin McDonagh polo texto de THREE BILLBOARDS… moi na liña dese cinema de guionistas coma Taylor Sheridan (HELL OR HIGH WATER), Sean Baker ou Debra Granick (WINTER´S BONE). De sorpresa total sería o fantastique que propón Jordan Peele.

Aaron Sorkin

O guión adaptado, sendo fiel os meus gustos nerds, daríallo o primeiro texto nomeado da Marvel. A LOGAN; pero outra vez máis vou a errar e probablemente Aaron Sorkin beneficiaráse do lío en que está metido James Franco (comportamentos indebidos) e o que de seguro ía para os escritores Neustadter e Weber por THE DISASTER ARTIST , pode que caia no peto do autor de MOLLY´S GAME.

O nomeado que máis claro teño que merece a estatuilla de este ano é Roger Deakins. Candidato ¡catorce veces! e nunca gañou coma mellor director de fotografía. Maxestuoso e memorable traballo que fai para o BLADE RUNNER 2049. De feito, este título véxoo gañador nas restantes categorías técnicas nas que compite, tal é o logro que conseguen nese mecano xigante que vemos na grande pantalla.

Roger Deakins

Na montaxe non vexo rival para Lee Smith e o súa tixeira no DUNKIRK de Nolan e para a banda sonora doullo ó líder de RADIOHEAD Jonny Greenwood por poñer a súa música ó servizo do filme de Anderson. Todo o contrario que ocorre coa notoria omnipresencia que perpetra Hans Zimmer na película de Nolan. Non sería inmerecido que o gañase tamén Alexandre Desplat por ese delicado traballo en THE SHAPE OF WATER e de feito coido que vai ser o gañador.

Estas son as miñas predicións (que por suposto son rebatibles) e para iso tedes os comentarios para aportar todo o que consideres oportuno. Lembrade que esto dos premios, moitas veces danse, non tanto por méritos propios, se non por amizades, favores débedas ou inxestas de bebidas espirituosas seguidas de cantos rexionais.

O luns voltaremos para contaros con todo luxo de detalles como foi a Cerimonia dos Óscar 2018.

Non deixedes de ir ó cinema. Non deixedes de disfrutar das películas.

 

Share.

9 Comentarios

  1. Vou arriesgarme a escribir isto en galego, así pido disculpas de anteman por si cometo erros (que de seguro, o farei e todavía estou aprendendo).

    Lamentablemente, non pude ver todas as candidatas, pero a día de hoxe podo decir que, de as vistas, quedóme con estas apostas:

    Mellor película: Three Billboards.
    Mellor director: Guillermo del Toro (The Shape of Water).
    Mellor actriz: Frances McDormand (Three Billboards).
    Mellor actor: ? (Non vin a Gary Oldman en The Darkest Hour, pero creo totalmente que poida gañar).
    Mellor actor de reparto: Sam Rockwell (Three Billboards).
    Mellor actriz de reparto: ? (Octavia Spencer gústame, pero non vin tampouco as favoritas para o posto).
    Mellor montaxe: Dunkirk.
    Mellor sonido: Dunkirk.
    Mellor guión orixinal: Three Billboards. (Aunque, teño que decir que vexo a todo o mundo moi convencido tamén con Lady Bird, e por algo será. Non a vin e non podo decir nada sobre isto).
    Mellor edición de sonido: Dunkirk
    Mellor fotografía: Dunkirk
    Mellor diseño de producción: The Shape of Water

    E vouno deixando por aquí, estas son as miñas favoritas polo momento.

    ¡Gracias a Mandingo polo seu artículo e a disfrutar da gala!

  2. Mellor Película – The Shape of Water
    Mellor Actor – Daniel Day-Lewis
    Mellor Actriz – Frances McDormand
    Mellor Actor de Reparto – Sam Rockwell
    Mellor Actriz de Reparto – Octavia Spencer
    Mellor Director – Guillermo Del Toro

  3. Miguel Vazquez on

    Primeiro felicitar a Mandingo por este gran artigo, e parafraseandoo en base as “inxestas de bebidas espirituosas seguidas de cantos rexionais”, os meus gañadores nas 4 principais categorias son:

    Mellor Pelicula: “La Forma del Agua”
    Mellor Director:”Guillermo del Toro”
    Mellor Actor Principal:”Gary Oldman”
    Mellor Actriz:”Frances McDormand”

    Sorte a todos e a disfrutar do cine!!!

  4. Bos días queridos compañeiros cinéfilos. Animado pola proposta de Mandingo, anímome a compartir a miña porra cos demais lectores destacando que, ademais de ser unha predicción valorando a película en sí, tamén me deixo guiar polo meu criterio e gusto persoal. Dto esto alá vou cos meus gañadores deste ano do noso querido alopécico dourado ( como moi acerdatamente citou Mandingo).
    Mellor Película- Three Billboards
    Mellor Actor -Gary Oldman ( The Darkest Hours)
    Mellor Actriz.- Frances McDormand ( Three Billboards)
    Mellor Actor de Reparto -(Meu queridísimo e admirado) Sam Rockwell (Three Billboards )
    Mellor Actriz de Reparto – Allison Janney (Yo, Tonya)
    Mellor Guión Adaptado – James Ivory (Call me by your name)
    Mellor Director – Guillermo Del Toro ( The Shape of Water)
    Mellor Película Estranxeira- On Body and Soul ( Ildikó Enyedi)
    Mellor Canción Orixinal – remember me (Coco)
    Mellor B.S.O- Alexander Deplat ( The Shape of Water)
    Melor Película de Animación – Coco
    Mellor Guión orixinal – Greta Gerwig ( Lady Bird)
    Mellor Fotografía – Roger Deakings ( Blade runner 2049)
    Mellores Efectos Visuales- Blade Runner 2049
    Mellor Diseño de Vestiario- The Shape of Water
    Mellor Montaxe- Dunkirk
    Mellor Sonido- Dunkirk
    mellor Maquillaxe- The Darkest Hours
    Mellor Edición de Sonido- Dunkirk

    E valaí van algúns ( case todos ) dos meus gañadoras. Remato mandando un saúdo a tódolos amantes do cinema e por suposto a mandingo por ternos sempre informados das novas do cinema.
    Despídome parafraseando ao grande Groucho Marx e modificando a frase dada a situación ” Estos son os meus gañadores. Se non lle gustan…teño outros,

  5. Carlos Noya Miranda on

    Yo ya no entiendo nada después de la terrible injusticia del año pasado ocurrida con Moonlight, filme de mérito sin duda, aunque inmerecida ganadora de la estatuilla frente a la grandiosa LaLa Land. Con todo, me mojo y voto por La Forma del Agua. Saludos!!

  6. Nemo Impune Lacessit on

    Ya puede ser buena la película de Lewis. A mí lo único que me transmitió el trailer es pereza ante la eventualidad de tener que verla.

    Marvel en guión… Goya honorífico para Antonio Larreta ya! Ya puestos…

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial