Os filmes para hoxe de Mandingo, o noso fanático crente cinematográfico, lévannos dende a fría Nai Rusa, pasando pola pre-revolucionario e caótico Exipto de Mubarak ata chegar a especial visión de Spielberg sobre un futuro máis próximo do que desexaríamos.

Despois dun fin de semana de dolorosa paixón fílmica (aproveitando os festivos aumentei os visionados nos cinemas rematando cunha dor no lombo, digna dun siareiro do Buda das Tres Caídas), chegamos o folio en branco e de todas elas, escollemos tres filmes moi equidistantes entre eles.

A primeira proposta é o derradeiro traballo de Francis Lawrence, cineasta que seguimos dende as moi notables CONSTANTINE (2005) e I LEGEND (2006) e que levaba uns anos un pelín mustio a hora de amosar o talento que ten. Leva a grande pantalla a adaptación da novela de Jason Mathhews RED SPARROW, escritor que tamén coasina o guión xunto a Justin Haythe.

No Hollywood actual (e non só alí), hai unha praga de adaptacións cinematográficas de éxitos literarios (non tanto nas calidades e si máis ben nas cantidades de volumes despachados). O problema é que os auténticos guionistas, aqueles que crean unha historia orixinal, quédalles cada vez menos oco para despuntar na Sétima Arte. Ónde acudir? pois á televisión maiormente. Resultado: a caixa tonta vive a súa particular época dourada e o cinema -o das “majors”- vai por sendeiros descoñecidos e sen moito tino de chegar a bo porto. É o signo dos tempos que cantaría o xograr de Minneapolis.  Dominika Egorova é unha ex-bailarina de ballet que é recrutada polo servizo de intelixencia da Rusia actual para desenmascarar un “topo” que teñen dentro das súas filas. Contacta cun axente da CIA, Nate Nash coa intención de sonsacarlle os seus segredos. Nash, que ten sentimento nobres e que é capaz de sacrificalo todo por protexer os seus confidentes, decátase o intre do dobre xogo da rusa (un fenómeno o tipo) e ofrécelle mudar ó bando da xente de ben, dos que loitan polas liberdades individuais por que xa sabemos que ningún lugar é tan xenial coma os EE.UU., nin sequera Wakanda, ou incluso se me apuran, Torremolinos.

Case esquezo que estou a ver un “filme de espías” de produción estadounidense que usa o seu músculo financeiro en denunciar o país do Putin (ese mesmo que coma saias da liña sinalada, rematas ceando Polonio 210). Vese por onde van, pero son os seus cartos e os gastan coma mellor lles parezan. Pero a min, non me coa ó formato tan pulcro e idílico. Pero vai ela e di que ben, que total, para o que tiña que facer… Cuán sinxelo é convertir ós espías en axentes dobres!, exclamo levándome as mans á testa. “Schssss, cala un pouco ho!” sóltanme con razón nas butacas. Vale, quedo amodiño e intento disfrutar do filme a pesar da nimia seriedade no desenrolo dos persoaxes (dóeme os oídos de escoitar actores da lingua inglesa falando en inglés, sí, pero cun marcado acento ruso. Non queda nada ben, a verdade). Intento aceptala trama e a sinceridade de Dominika, ou non (coma diría o anónimo Mariano R.); paso por alto a simpleza nos xiros e o supostamente sorprendente colofón, pero a sensación e a de non superar a media neste subxénero. Sirva coma exemplo a B.S.O. de Newton Howard, pulcra no técnico pero que non “remata de arrancar”. As calidades manteñen un ton monocromático,mediocre, insípidas, nen Tibor Lázar emocióname coa súa dirección na arte. Só podo aplaudir a edición de Alan Bell -(500) DAYS OF SUMMER (2009), THE DARK TOWER (2017)- coma superior. O resto, incluso ó esforzo dramático (escaso) da Lawrence e a faciana de pedra de Jeremy Irons (mágoa desas grandes interpretacións que fixera, semella xa tanto tempo atrás!…), son esquecibles.

RED SPARROW, filme sen sangue nas veas. Se queredes ver unha boa película de “infiltrados”, na mellor tradición do Harry Palmer que protagonizara Michael Caine, convídovos a saborear o excelso traballo que filma no 2011, Thomas Alfredson co seu TINKER TAILOR SOLDIER SPY.


E sen alonxarnos moito do xénero de sabuxos, destacamos unha das mellores intrigas do 2017. THE NILE HILTON INCIDENT, dirixida e escrita polo sueco Tarik Saleh é unha moi lograda recreación do Exipto protagonista da Primavera árabe de hai sete anos, co “Mcguffin” dunha investigación policial dun asasinato no que mestúranse chantaxes a membros do Parlamento, sobornos os Corpos de Seguridade, proxenetas sen escrúpulos, xentes silentes sen esperanzas e todo baixo o prisma da megalópoli caótica, sudorenta e polvorienta de El Cairo, protagonista principal da trama. Saleh, debuxa unha sociedade a piques de explotar coma un caldeiro fervendo e sen saída de gases posible. Magnífica a rodaxe “a pulso” nunhas localizacións exteriores que conseguen a nosa atención desde o primeiro minuto.

O fío condutor da trama vai na pel do policía Noredin Mostafa (contida e medida interpretación do actor Fares Fares), un oficial alcohólico e toxicómano (pero só cando vai fora de servizo) e corrupto e con querencia dos cartos alleos (a tódalas horas e a mínima oportunidade). O cineasta nórdico logra un demoledor retrato dunha relevante parte da sociedade exipcia; denuncia singular da podremia do rexime dictatorial do dinosaurio Hosni Mubarak, que contamina a todos coma unha praga invisible e inevitable. Medo nos corazóns dos que miran cara arriba, sempre ollo avizores, expectantes, tremorosos de que batan pola noite a súa porta.

O filme conta cun acertadísimo logro técnico apoiado nunha poderosísima fotografía que Pierre Aïm ilumina e move coma parte da trama (non esquecemos a puñada de talento no filme LA HAINE de 1995, memorable, durísimo, indixerible..), que vai sendo máis cáustica, escura e fría, conforme os sucesos van precipitándose sen control e con maior celeridade. E se sumamos o traballo impecable no deseño na Produción de Roger Rosemberg e na de Arte de Eugenie Norlin -que xa gostaran na desasosegante THELMA (2017) de Joachim Trier-  temos un encaixe perfecto do que entendemos por unha producción digna de eloxio.

Un filme de non deixar escapar.


E coma colofón a tanta intensidade emocional vivida por algúns na pasada semana, chega o que eu supoñía coma prato forte non xa do mes, senón case do ano por mor das formidables e apaixoantes críticas de público e crítica especializada. Estou a falar loxicamente da particular visión que fai Steven Spielberg (o auténtico Rey Midas de Hollywood) da distopía que propón o escritor Ernest Cline no libro READY PLAYER ONE e que Spielberg adapta á perspectiva cinematográfica máis visual posible e imposible de imaxinar.

Namentres que no texto de Cline os sucesos ocorren máis no “mundo real”, a proposta do cineasta de Cincinnati é de ofrecernos unha catarata de imaxes procedentes do mundo virtual a modo de trama principal, rebaixando a importancia do que ocorre na vida real. E moi do Spielberg que aposta polo espectáculo puro e duro, de entender ás películas coma dun acontecemento audiovisual con tódala pirotecnia posible, de non parar nin un intre (os vinte primeiros minutos son unha auténtica montaña rusa) e a min paréceme ben. Frente a iso, está o Spielberg que pode ofrecer ese outro cinema coma a súa penúltima produción, a memorable THE POST (2017). Cinema máis de pousar os dedos da man na mexilla e no mentón. De asentir coa testa, de ver algo, que quedará no Olimpo do Cinema. Non quere mesturar o cinema de “entretemento” co de “autor”. Intentouno co filme A.I. de 2001 e saíulle mal. Supoño que nas mans de Kubrick, o texto de Cline daría un resultado totalmente diferente. E sospeito que mellor. O máis cercano a lograr unha alquimia con ingredentes tan pouco permeables entre sí, podería ser Christopher Nolan -tremenda a súa INCEPTION (2010)- ou se apurádesme moito podo meter a Denis Villeneuve coma reposto.

Escribo todo esto, pola envexa que sinto de tódolos os lectores que amosáronme o seu desbordante entusiasmo tras visionalo filme. E entendo que alcanzáranlles nos seus corazóns as numerosas e moi acertadas referencias que fan da cultura pop estadounidense dos oitenta. De feito, READY PLAYER ONE precisa de máis visionados para poder descubrilos todos (ou case). O filme sendo honestos, esixe dun escrito máis escrupuloso e exhaustivo do que quero ofrecer nestas liñas. En certa maneira, decepciónome a min mesmo por non intentar chegar a excelencia, pero a descomunal produción que amosa non cabe só nunha crítica. Merece moito a pena facer un ensaio coma mínimo. Pero a risco de quedarme a medias, quero dar unhas pinceladas exclusivamente das artes usadas para a produción número cincuenta e sete que este xove de setenta e un anos ofrécenos con vigoroso pulso narrativo. Spielberg non filma en dixital. É dos poucos que seguen rodando co celuloide Kodak. E mesturar iso coa avalancha de efectos dixitais custa, e por moi Janusz Kaminski que sexa un, nótase nos tempos actuais. Na actualidade casan moito mellor unha rodaxe en 4K e uns CIG coma os que pode ofrecer un dos pioneiros do cinema dixital, coma é o seu amigo George Lucas. Non quero dicir que a aposta de Spielberg é obsoleta (ó contrario, paréceme admirable), pero para estas producións dan un resultado as veces, incómodo a miña ollada. Non vou entrar na mellorable selección do reparto artístico (Ben Medelsohn, outra vez fora de plano), pero sí que paro para ver coma Sarah Broshar recibe a testemuña do excepcional Michael Kahn na montaxe. Moitos din que os filmes son dos directores ou dos produtores, pero é na edición onde cócense os filmes; e aínda que Spielberg de montaxe vai sobrado, o fito de que Kahn fora o seu editor “de sempre” conferiu unha marca rexistrada recoñecible nos ritmos da narrativa cinematográfica do cineasta.

Finalizo coa miña particular homenaxe a Alan Silvestri e a súa cento vintecatro composición para o cinema. Pensade nos principais “blockbuster” dos derradeiros trinta anos no cinema estadounidense e polo menos un de cada dez levan a sinatura deste músico que aínda non acadou o premio Oscar. Non é John Williams, certo pero é o outro grande compositor da épica hollywoodiense.

E por certo, non contei de que vai a película. Pero serei…

Share.

1 comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial