#cineuropa31, Programación do luns e a crítica de Mandingo de Visages, Villages e La caméra de Claire

0

Comeza a terceira semana de Cineuropa, deixando atrás títulos absolutamente inesquecibles e outros directamente o esquecemento máis inmediato posible. Hoxe, tocan os dous exemplos, Visages, Villages e La caméra de Claire.

O primeiro, nobreza obriga, é falar do último traballo da case nonaxenaria Agnès Vardá, unha das máis grandes cineastas que ten o cinema francés e por engadido, o europeo. Testemuña directa e en primeira persoa do nacemento da Nouvelle Vague, é patrimonio vivo dos últimos sesenta anos da historia do Séptimo Arte. Unha pioneira na hora de abrir cancelas e facer estradas para a incorporación das mulleres nos apartados máis técnicos e de realización dentro do mundo do cinema.

Xa choveu dende que sorprenderá no 1962 co seu título CLÉO DE 5 À 7, labazada orixinal e imaxinativa, que mantense fresca coma o primeiro día do seu estreo. Logo chegarían, para ista dona sinxela e humilde, recoñecementos coma o León de Oro por SANS TOIT NI LOI (1985), as unánimes e masivas loas por LES GLANEURS ET LA GLANEUSE (2000) e o Oscar honorífico a toda a súa traxectoria no ano 2017.

Xunto ó artista gráfico J.R. -fotógrafo, como Vardá nos seus orixes e director dunha interesantísima curta interpretada por Robert de Niro, ELLIS (2015)- codirixe, (a primeira vez que ocorre na súa carreira), o documental VISAGES, VILLAGES (2017). Título que recolle, sen plan de rodaxe previo, pero cun traballado guión, as costumes e facianos dos locais que visitan. Fan enormes retratos de veciños ou animais e péganos nas paredes ou nos edificios, conseguindo un efecto visual de postal artística. Unha especie de graffiti ao Banksy, pero sen tanta carga de crítica e denuncia e con moito máis lirismo grazas a pericia e o bo ollo da directora.

Enxoiada por unha deliciosa e minimalista música de Matthieu Chedid, a película mantennos durante toda a metraxe cun sorriso cómplice polo inxenio nos comentarios dos directores -unha delicia á visita ó Louvre- e as espontáneas verbas dos retratados. 

Pero non é só unha película “bonita”. É toda unha declaración de principios de Vardá e do seu cinema máis realista, sen perder ese toque social da muller traballadora e pioneira (magnífico o plano fixo cando unha vez montados os enormes containers coas tres mulleres, no porto, chegan os seus maridos, avanzando pequenos, cara elas). Con 89 anos, a franco belga ten o mesmo pulso que vai 60 anos, presentando regularmente producións que seguen a recoller premios e ovacións cheas de admiración. É sinxelamente, un pracer disfrutar de filmes coma o visionado neste pasado domingo.

Documental elegante, intelixente, belísimamente editado pola propia Vardá que encabeza ós votos do público do Festival (aínda que penso que AUS DEM NICHTS de Fatih Akin é mellor). Non quero deixar pasala ocasión para quedarme co tremendo tirón de orellas que a directora mételle o seu amigo Godard polo seu plantón (“quérolle, pero é unha rata” ven a dicir). Cousas curiosas da vida. De coma un espírito nobre e xeneroso (Vardá), perdoa unha broma de moi mal gusto, dun tipo (Godard) que tivo na súa traxectoria profesional, a mesma facilidade por facer amigos coma a que tería Adolf Hitler no interior dunha sinagoga… na hora punta.

Non deixedes pasala oportunidade de gozar do inxenio desta dupla de artistas.

Deixo para ó final e con moi poucas gañas de perdelo meu tempo e por engadidura, o voso, a crónica do filme surcoreano LA CAMÉRA DE CLAIRE (2017) de Sang-soo Hong, que perpetra a dirección e mais o guión. Se vai pouco falábamos da importancia crecente do cinema do país asiático e dos múltiples e talentosos cineastas que ten, pois señores… Hong, non é un deles.

Claire, é unha muller naiff, curiosa e despreocupada que vai o Festival Internacional de Cannes do 2016, para, suponemos, pasar uns días. Leva consigo unha cámara retro polaroid e vai sacando fotos a xente que atopa nos cafés, nas rúas. De paso entabla conversación e amizade cunha rapaza coreana que acaba de perdelo seu traballo.

 E crédeme que isto é o mellor que podo dicir da película.

Rodada cun despropósito maiúsculo (apertura de encadres con zoom de super-8, sobreexposicións lumínica no plano, son directo sen filtrar no medio dos diálogos, actuacións de “tira pa´diante que malo será”, e un sinfín de trapalladas que farían sonroxar o mesmo Ed Wood.

Coa pretenciosidade de ver que o director plantexa unhas situacións repetitivas cos diferentes personaxes e con mesmos diálogos, quedámonos anonadados pola tremenda tomadura de pelo que estamos a ver. ¿Quere homenaxear a Tati, nas propostas “cómicas”?. ¿Considérase o herdeiro na Terra do Pasolini máis plúmbeo?. ¿Vai vida intelixente máis aló dos sesenta y nove minutos que dura este traballo?.

E coma chiscadela final, a sorpresa cinéfila do director para ensinarnos o moito que sabe disto e nos, non. Resulta que Claire, mestra de música, é en realidade a Erika Kohut de Le Pianiste (2001) de Michael Haneke, pero filmado coma para que a xente abra a boca abraiada.

Meu; vai ser que non.

O dito. Non perdámolo tempo. Fuxide. Non miredes a luz e correde a fume de carozo ata chegar a casa, blindala porta e cargala escopeta, non vaia ser que vos siga o director e que vos queira explicar ó seu filme.

Vémonos no Cineuropa.

PROGRAMACIÓN LUNS 20 DE NOVEMBRO

  • 16.00 h. Andrés Lee i Escribe, de Daniel Peralta
    17.30 h. A Fábrica De Nada, de Pedro Pinho
    20.45 h. Barbara, de Mathieu Amalric
    22.30 h. Zama, de Lucrecia Martel
  • 16.30 h. Garçon!, de Claude Sautet
    18.30 h. Adiós Entusiasmo, de Vladimir Durán. Con presentación e coloquio do seu director.
    20.00 h. L’insulte, de Ziad Doueiri
    22.00 h. Mom And Dad, de Brian Taylor
    23.30 h. Cypher , de Vincenzo Natali
  • 17.30 h. Otra Madre , de Mariano Luque
    19.00 h. La Discrète / A Discreta, de Christian Vincent
    20.45 h. Zert (The Joke) / A Broma, de Jaromil Jires
    22.15 h. I Am A Sex Addict / Son Adicto Ao Sexo, de Caveh Zahedi
  • 18.00 h. Angélica, Una Tragedia, Manuel Fernández-Valdés
    20.00 h. As cidades e as trocas, de Luísa Homem, Pedro Pinho. Retrospectiva Pedro Pinho. Presentación e coloquio co autor.
    23.00 h. O Estranho Caso De Ezequiel, de Guto Parente
  • 17.00 h. Lamerica, de Gianni Amelio

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies