Manexador@s e preparador@s de gando frisón déronse cita en Silleda

0

Silleda, 23 de febreiro do 2019 – O recinto da Semana Verde de Galicia en Silleda acolleu o XXXIV Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores e o XI Concurso Internacional de Preparadores de Ganado Frisón.

Os concursos seguirán ao longo de hoxe sábado coa participación de expertos de gando frisón de toda España. Disputarase o XXXV Open Internacional e XXVIII autonómico morfolóxicos

Cristina Carro, gañadora manexadoras

Cristina Carro Iglesias, da gandería Carro, de Mesía (A Coruña), venceu no XXXIV Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luis Louzao”, a subcampioa nesta edición foi Julia Serrabasa Batalla, da gandería Comas Novas, de Tona, Barcelona (Cataluña). En canto á Mención de Honra foi para Javier Cancio Sánchez, de gandería Cudaña, de Santander (Cantabria).

Julia Serrabasa, segunda no concurso manexadoras

Organizado pola Federación Frisona Galega (FEFRIGA), o concurso ten como obxectivo que os participantes demostren a súa habilidade na presentación en pista dos animais. O bo manexador é aquel que coñece á perfección a morfoloxía dos seus animais e despois dunha correcta doma, preparación e pelado, é capaz de facer resaltar as virtudes do exemplar que presenta, minimizando ao mesmo tempo os posibles defectos que puidera ter. Ao concurso, patrocinado por Mapfre, concorreron 19 participantes de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco, Cataluña, Baleares e tamén Holanda. Competiron rapaces de idades comprendidas entre os tan só 2 anos e os 27.

Grupo concurso manexadores

Estes participantes foron xulgados por Giuseppe Beltramino, xuíz internacional da asociación frisoa italiana, ANAFI, e Pol Collell Sabaté, xuíz nacional da Confederación de Asociaciones de Frisona Española (Conafe)

Xóvenes Preparadores

Avelino Souto , gañador concurso preparadores

No XI Concurso Internacional de Preparadores de Gando Frisón, no que os participantes amosaron as súas destrezas preparando aos animais para logo presentalos,  Avelino Souto Rozados, da gandería Midón, de Lalín (Pontevedra), foi o campión. Pola súa banda, Miguel Rial Mato, da gandería Pérez, de Arzúa (A Coruña), foi o subcampión.

Grupo concurso preparadores

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial