Manifestación contra a Mina de Touro o Pino o 10 de xuño en Santiago

0

Bisbarra, 23 de maio do 2018 – A Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non e a Plataforma en defensa da Ría de Arousa (PDRA) xunto con máis de 40 colectivos convocan unha gran manifestación en Santiago para o vindeiro día 10 de xuño contra o proxecto de megaminería de extracción de cobre a ceo aberto para estes concellos.

A presentación aos medios da manifestación tivo lugar en Compostela con presenza de representantes de ambas plataformas. Tomou a palabra en primeiro lugar Aida Suárez, da Plataforma mina Touro o Pino NON, quen daba os datos sobre que suporía, e que consecuencias tería, un proxecto como este

A Plataforma pedía a participación de tódolos galegos para conseguir paralizar o proxecto cunha gran manifestación

Xoaquín Rubido, Xocas, presidente da Plataforma en defensa da Ría de Arousa daba un dato máis que demostra que a contaminación chegaría cada día de extracción ata a ría

Rubido destacaba ademais que a contaminación sería persistente como hoxe en día pódese comprobar cos restos da antiga mina e por iso o lema “non queremos unha herdanza envelenada”

A preguntas dos xornalistas Xocas explicaba que na ría tódolos concellos cos que falaron mostraron o seu apoio. Non sucede o mesmo en Touro e o Pino onde Aida Suárez e Julia Barbosa explicaban que os alcaldes están claramente de parte da empresa

 A manifestación do día 10 de xuño partirá da Alameda de Compostela as 12 do mediodía rematando na praza do Obradoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial