займ срочно

Manolo Regos deixa a política

0

Ordes, 4 de xuño do 2019 – Manolo Regos, un histórico da política ordense para ven e para mal, ven de anunciar que deixa esta actividade tras o fracaso electoral.

Manolo Regos foi unha constante nas eleccións locais de Ordes desde hai moitos anos, contábamos a súa traxectoria cando anunciaba que se presentaba de novo á alcaldía da vila. Tras non conseguir os obxectivos de gobernar ou ser polo menos chave decide abandonar a actividade política o que fai público tras comunicarllo na fin de semana aos seus compañeiros de UXO.

Na misiva Regos diríxese aos compañeiros para dicir que ” son o mellor que teño e que terei nunca, e porque dende o primeiro ata o último día me apoiaron incondicionalmente, a eles quería agradecerlles de corazón todo o esforzo, sacrificio e o cariño que tiveron conmigo en todos e cada un dos malos momentos que pasamos ó longo destes máis de 30 anos.”

Tamén ten palabras para os veciños “Non quería deixar pasar a ocasión para agradecer ó pobo de Ordes a oportunidade que me brindou de ser alcalde do meu pobo. Foi unha tremenda honra que nunca olvidarei, sendo esta unha das etapas máis fermosas da miña vida. Dou un paso a un lado, pero seguirei sendo ese veciño do campo da feira que estará a vosa disposición para o que precisedes”.

Regos despídese finalmente asumindo os errores cometidos ao longo de estes anos “Quero despedirme pedindo disculpas polos errores que puiden cometer. O meu único obxetivo foi representar o meu pobo coa maior humildad, lealtad e respeto hacia todos os veciños e veciñas de Ordes. Sempre traballei coa intención de mellorar no posible a calidade vida de todos vós”.

Quedan 3 concelleiros de UxO que terán que poñer a base para unha nova formación coa que afrontar o papel de oposición asignado nas recentes eleccións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies