Manuel Ángel Leis chegou a alcaldía de Negreira desde a concellería de obras cando Jorge Tuñas deixou o cargo para presentarse ante a xustiza.

O percorrido xudicial da denuncia contra Jorge Tuñas merece por si só un artigo Baste dicir que hai uns anos a denuncia, por unha presunta apropiación de móbiles mentres foi alcalde entre 2009 e 2011, non fora admitida a trámite no xulgado de Negreira. O Partido Popular de Negreira a presentou de novo pasado o tempo nun xulgado de Coruña e esta vez si que foi admitida polo que Jorge Tuñas, en virtude de acordos con Ciudadanos Negreira, dimitiu ata coñecerse a sentencia. O xuízo celebrouse en xuño e Tuñas saíu absolto polo que no momento preciso volverá a alcaldía.

En este contexto traballa Manuel Ángel Leis que recoñece que é un alcalde circunstancial pero que en realidade sempre foron un equipo e polo tanto o traballo no variou moito

As principais diferenzas para Manuel Ángel Leis están na responsabilidade do cargo xa que polo demais as funcións no día a día eran compartidas con Tuñas

Unha vez que Jorge Tuñas foi absolto a previsión do equipo de goberno e que volva ao posto a mediados ou finais de setembro pero a prioridade e rematar antes con procesos de contratación que están en marcha

Algunhas de esas mesas de contratación son moi relevantes como a adxudicación por dous anos da xestión das escolas deportivas ou o canon eólico

Nas últimas entrevistas tocábamos o tema do parque de bombeiros comarcal pero, como explica Manuel Ángel Leis, Negreira está cuberta polo GES de Brión e ademais en esta lexislatura puxeron en marcha no concello un grupo de protección civil propio

Negreira é outro dos moitos concellos que agarda a reestruturación do transporte de viaxeiros na comunidade, solicitaron que se ampliaran as liñas cara ao norte do concello e agora tócalle a Xunta mover ficha

Negreira é cultura como o demostra a gran cantidade de actividades que realizan ao longo de todo o verán, rematamos a conversa coa que pecha esta etapa e que terá lugar a próxima fin de semana: A Feira do Románico

Manuel Ángel Leis é un alcalde que non deixou en ningún momento de ser concelleiro do mesmo xeito que Tuñas é un alcalde que traballa como un concelleiro. Os dous, xunto co resto do equipo de goberno socialista, forman un equipo sólido que resolve a minoría no pleno a base de diálogo. Quedan dous anos de lexislatura para seguir demostrando que. máis que as circunstancias, é a actitude a que marca en moitas ocasións a xestión dun concello.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies