Entrevista con Manuel Fernández Munín, alcalde de Boqueixón

0

Boqueixón, febreiro 2017 – Manuel Fernández Munín chega a alcaldía de Boqueixón despois do nomeamento de Ovidio Rodeiro como Delegado da Xunta no provincia de A Coruña. Asume o reto de continuar coa labor de mellora emprendida por Rodeiro que estivo marcada, entre outras cousas, pola necesidade de facerse coa xestión directa da auga e por un decidido apoio aos negocios locáis en xeral en especial a gastronomía.

Fernández Munín leva anos vinculado ao Partido Popular pero rexeitara as peticións de incorporarse as listas xa que o seu traballo de asesor non deixaba moito tempo. No 2015 un paso lóxico non puido ser retrasado por mais tempo.
Comezamos preguntándolle por ese cambio que como recoñece foi algo inesperado

Pese a non ser algo esperado Manuel Fernández Munín recoñece que a situación do concello é moi boa para goberna

Aínda que recoñece que cada vez se sinte máis cómodo falando en público ao principio supuxo un esforzo. Foron as reunións periódicas nas parroquias o que lle axudou sobre todo porque é onde saben de primeira man que pensan os veciños.

O concello de Boqueixón tivo que facerse coa xestión da auga o 1 de xaneiro do 2016. Un conflito que non puido ser resolto coa anterior concesionaria, Espina y Delfín, levou a municipalizar o servizo e fíxose sen contratar ningún persoal novo. Fernández Munín non descarta que no futuro suceda o mesmo co saneamento pero explica que e moito máis complexo.

O custo eléctrico de subir a auga aos depósitos do Pico Sacro é enorme. A recente convenio co concello de Santiago para dotar de auga ao aeroporto e algunhas parroquias de esa zona servirá para baixar esa factura.

Manuel Fernández Munín o ten claro, si hai algo que lle gustaría conseguir en esta lexislatura sería levar saneamento e auga ao 100 por cen da poboación

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies