“varios concelleiros están falando co asociacionismo e coa oposición para facer unha acción de protesta na entrada da autoestrada incluso con pancartas”“eu digo sempre que non quero que o transporte público chegue ao 80% da poboación, quero que chegue ao 80% do territorio”“Me sorprende moito que a oposición non sexa capaz de poñerse de acordo para derogar a Lei Montoro e que os concellos poidamos usar os cartos que temos no banco”
Oroso, 21 de xullo do 2017 – O concello de Oroso segue a ser un dos que crecen máis rápido da bisbarra, gaña poboación e engade novos servizos ademais de apostar polo deporte de base e a cultura. O alcalde, Manuel Mirás, afronta tamén nos últimos tempos responsabilidades en outros organismos como a Federación Galega de Municipios, da que é vicepresidente, ou a presidencia da recen creada Asociación de concellos do Camiño Inglés. Motivos todos máis que sobrados para falar con el de todos estes temas.
A primeira pregunta ten que ver moito co conflito xerada en torno a saída da AP9 no concello, unhas obras terminadas pero que ninguén en Fomento é capaz de explicar porque non rematan dunha vez por todas coa apertura do enlace. para Manuel Mirás esta situación é un insulto
O alcalde explica que están preparando unha acción nas entradas e saídas da autoestrada para protestar pola situación, están falando cos veciños e os grupos políticos e preparando xa pancartas
As novas responsabilidades de Manuel Mirás levárono a facer unha reforma das delegacións do equipo de goberno nas que deixa por primeira vez as responsabilidades de urbanismo en mans de Antonio Leira
Unha das organizacións que menos sae nos medios é a Federación Galega de Municipios e Provincias, o novo equipo xurdido das últimas eleccións está intentando impulsar un cambio de rumbo. Manuel Mirás é o vicepresidente executivo e preguntámoslle polo papel que xoga a Federación na realidade galega
Precisamente desde a Fegamp non están moi contentos coa situación do transporte público en Galicia e esperan que a reforma que se quere levar a cabo o mellore de xeito que axude a que o rural non siga perdendo poboación
Outro tema recorrente cando se fala cos alcaldes e a famosa Lei Montoro. Manuel Mirás está sorprendido de que a oposición non se poña de acordo para eliminala e cre que os partidos con representación no Parlamento nunca pensan nos concellos
Ao alcalde Oroso, membro do Psoe, non lle doen prendas e di claramente que os grandes partidos ven aos concellos como de terceira división e reclama que se recupere o pacto local que se firmara cando chegou o bipartito a Xunta
O concello de Oroso fixo nos últimos anos unha aposta moi forte pola reciclaxe. Acaba de sacar a licitación a xestión dun punto verde pero tamén fai campañas nos colexios e cos veciños e agora busca a reparación da depuradora
Outro dos temas que distinguen a Oroso da bisbarra é a aposta polas sendas peonís, ten 12 operativas e segue construíndo máis
Rematamos a entrevista preguntando polo Camiño Inglés, no que a Xunta acaba de dar un paso importante comezando as obras de mellora en Oroso, e da Vía Verde desde Compostela ata Cerceda que según o alcalde podería estar rematada en esta lexislatura
Manuel Mirás é un dos alcaldes que parece ter as cousas máis claras en canto ao papel dos concellos no organigrama nacional e ao mesmo tempo dos que ten máis claro cales son as prioridades dun concello cara aos seus veciños, como o demostra a estabilidade do seu electorado ao longo dos anos. Veremos si ese novo Psoe que comeza a aparecer é capaz de ver as ideas que funcionan nos concellos e, o que é máis importante, as necesidades que os concellos teñen, por falta de exemplos non será e Oroso é un deles.