займ срочно

Manuel Mirás reestrutura as competencias do grupo de goberno de Oroso

0

Oroso, 25 de maio do 2017 –  O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, vén de decidir unha reestruturación das competencias delegadas no seu equipo de Goberno, unha decisión coa que pretende axilizar a xestión das distintas áreas municipais.

Manuel Mirás Franqueira indica que “o cambio de maior envergadura é que por primeira vez nos últimos dezaseis anos, e logo de sacar adiante o Plan Xeral e seis modificacións puntuais, vou ceder as competencias en materia de Urbanismo e Ordenación do Territorio nunha persoa da miña máxima confianza como é Antonio Leira”.

Mirás Franqueira explica que “as miñas responsabilidades como alcalde, como vicepresidente da Fegamp, como membro da xestora do PSdeG e a actividade na miña propia empresa fan que cada vez teña máis responsabilidade e considero que unha área tan importante como Urbanismo e Ordenación do Territorio precisa dunha atención máis continua, sobre todo nun municipio en crecemento como é Oroso”. Sobre a elección de Leira Piñeiro, o alcalde orosán apunta que “escollín a unha persoa que traballou canda min na elaboración do Plan Xeral e que estivo presente cando fixemos as distintas modificacións puntuais, polo que coñece á perfección estas áreas”.

A asunción das áreas de Urbanismo e Ordenación do Territorio suporán a reestruturación da Concellería que ata o momento dirixía Antonio Leira, que cederá as súas competencias en Comercio, Voluntariado, Protección Civil e Limpeza Viaria; ao tempo que asumirá as de Mobilidade, Patrimonio e Turismo. “Neste caso tratamos de aproveitar as sinerxias de Leira como deputado provincial, onde é o máximo responsable en materias como a promoción turística do Camiño Inglés”, explica Mirás Franqueira.

Reparto de competencias

O resto das Concellerías orosán asumirán as competencias que cederá Antonio Leira ao asumir a área de Urbanismo e Ordenación do Territorio. “Vanesa Boo sumará as competencias en Comercio, unha área na que ten unha gran experiencia e onde é a persoa que puxo en marcha iniciativas de tanto éxito como o Concurso de Tapas, o Concurso de Escaparatismo ou distintas iniciativas de promoción do comercio local”, explica Mirás Franqueira. Pola súa banda, Beatriz Rodeiro recollerá a competencia en materia de Escolas Infantís, anteriormente dependente da Concelleira de Cultura; mentres que Luís Rey asumirá as competencias en voluntariado, anteriormente dependentes de Antonio Leira. “Considero que é moito máis lóxico que as garderías sexan xestionadas dende a Concellería de Ensino e que o voluntariado dependa da Concellería de Xuventude pois penso que deste xeito aproveitaremos sinerxias e melloraremos a atencións aos nosos veciños e veciñas”. Finalmente, o concelleiro responsable de Obras e Medio Ambiente, Eduardo Veiras, sumará ao seu departamento as competencias en materia de Limpeza Viaria e Parque Móbil.

Deste xeito, a remodelación das competencias no Concello de Oroso queda do seguinte xeito:

Manuel Mirás Franqueira:  Economía, Facenda e Protección Civil.

Antonio Leira Piñeiro: Urbanismo e Ordenación do Territorio, Mobilidade, Patrimonio e Turismo.

Vanesa Boo Martínez: Réxime Interior, Persoal, Turismo, Atención ao Maior, Comunicación, Protocolo e Coordinación.

Luís Rey Villaverde: Deportes, Cultura, Xuventude, Voluntariado, Emprego e Promoción Económica.

Beatriz Rodeiro Fernández: Benestar Social, Ensino, Atención ao Menor e Escolas Infantís.

Eduardo Veiras Rei: Obras e Servizos, Medio Rural, Medio Ambiente, Parque Móbil, Limpeza Viaria e Relacións Veciñais.

María del Carmen Liste Raña: Muller, Sanidade, Parroquias e Piscina Municipal.

Así mesmo, Manuel Mirás recuperará as demais competencias anteriormente delegadas e que non se recollen nesta relación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies