Manuel Sanpedro gañou o I Premio Minas de San Finx de Ciclismo

0

Lousame, 24 de xullo do 2018 – O corredor Manuel Sanpedro García, pertencente ao Club Ciclista Cambre-Caeiro, proclamouse campión do I Premio Minas de San Finx de Ciclismo, disputado esta fin de semana.

O vencedor completou os aproximadamente 110 quilómetros de percorrido da proba en 3h 20’ 13’’. O subcampión foi Martín Fariña Caamaño, do mesmo Club Ciclista Cambre-Caeiro, que entrou na meta un minuto e catro segundos despois. Fariña foi o primeiro sub21 en chegar, posto que Sanpedro pertence á categoría junior. O terceiro posto no Minas de San Finxs foi tamén para o junior César Pico Ferreiros, da Fundación Óscar Pereiro, a catorce segundos do subcampión. A carreira non rexistrou ningún abandono.

A proba estivo organizada polo Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo-Anova e contou coa colaboración dos Concellos polos que se desenvolveu (Lousame, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia, Rois, Rianxo, Boiro, Padrón, Dodro e Porto do Son), a cafetería-restaurante-museo Minas de San Finx, Abanca, Galicia Saudable, Deporte Galego, a Deputación da Coruña, Casa Benjamín e a Taberna de Angueira.

Encargáronse de dar a saída, desde as Minas de San Finx, a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, a concelleira María Regenjo, e o presidente do Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo-Anova, Estanislao Vázquez. Na entrega de premios ao remate participaron o primeiro tenente de alcalde de Lousame, Ramón Martínez, a concelleira María Regenjo e o tenente de alcalde de Rois, Manuel Santos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial