Manuel Souto Paderne gaña o XIX Slalom Concello de Touro

0

Touro, 13 de novembro do 2017 – O piloto Manuel Souto Paderne, da escudería Rois Perepe Sport, gañou este domingo día 12 o XIX Slalom Concello de Touro

Centos de afeccionados procedentes de toda Galicia acudiron onte a Fonte Díaz nun asollado día para presenciar a xa clásica proba automobilística

Manuel Souto Paderne competiu co vehículo número 14 e formando parte da Escudería Rois Perepe Sport. Gañou a proba conducindo un Citroën C2 e cun tempo de 1.42.072.

O subcampeón foi Pablo Castro Pajón (coche número 1), cun tempo de 1.42.673. Este piloto da escudería As Pontes Motorsport utilizou un Citroën AX.

O terceiro posto foi para Francisco Pico López (coche número 2), tamén da escudería As Pontes Motorsport, cun tempo de 1.44.513. Utilizou un Citroën AX.

O gañador, Manuel Souto, no é habitual nas probas de Slalom do Campionato Galego aínda que si participa no Campionato de Galicia de Rallyes.Na proba automobilística, puntuable para o Campionato de Galicia de Slalom 2016, participaron 30 pilotos de toda Galicia e de Asturias. O Campionato de Galicia de Slalom, antes da proba de Touro, estaba liderado por Pablo Castro Pajón, con 1.256 puntos, que quedou segundo en Touro. Síguelle en segundo lugar, Francisco Pico López, con 1.1216 puntos, terceiro en Touro. E o terceiro lugar é de Joel Souto Sánchez, con 712 puntos, que foi cuarto na proba que se correu nas rúas de Fonte Díaz.

Tras a proba de Touro, Pablo Castro Pajón consolídase como líder do campionato e Francisco Pico tamén se afianza no segundo posto da xeral. Para rematar o campionato queda unha única proba de Slalom. Souto Sánchez tamén se asegura o terceiro posto da xeral.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies