займ срочно

Mapa mudo, de Arancha Nogueira, gaña o Concurso Literario ‘Mazarelos’

0

Compostela, 7 de novembro do 2018 –  A IV edición do Concurso Literario ‘Mazarelos’, organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, foi otorgado a Mapa mudo, de Arancha Nogueira.

Mapa Mudo de Arancha Nogueira segundo o xurado “poetiza a memoria da súa intimidade cunha linguaxe depurada”. O segundo premio do certame foi para Xente da crise, de Xian Lois Alcayde Dans, “que sobrancea pola frescura do seu estilo e polo esforzo en construír unha linguaxe propia nunha obra que se revela testemuña do seu tempo”. O xurado outorgoulle o terceiro premio ao conxunto poético Do van, presentado por Benjamín Vidal Estévez e no que destaca o contraste entre unha linguaxe aparentemente sinxela e unha maior carga conceptual.

A esta cuarta edición do certame presentáronse 35 propostas literarias, que foron valoradas por un xurado forma polos escritores Yolanda Castaño e Suso de Toro, os profesores Laura Lojo e Francisco Dubert, e a estudante de doutoramento e premiada na primeira edición deste certame, Laura Camino Plaza.

O Concurso Literario ‘Mazarelos’ busca fomentar a creatividade da mocidade universitaria e o desenvolvemento da súa capacidade de expresión, así como contribuír a descubrir potenciais figuras deste eido da cultura. A entrega de premios acontecerá o 12 de decembro na Facultade de Filoloxía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies