займ срочно

Marcelino Oreja doou a contía do Premio Internacional Grupo Compostela a Aldeas Infantiles

0

Compostela, 24 de outubro do 2017 – O galardoado co XXI Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, Marcelino Oreja Aguirre, asinou este luns en San Xerome o acordo de doazón da contía económica do galardón, 6.000 euros, a Aldeas Infantiles SOS Galicia, pola que acudiu a súa directora de calidade, Felisa Carrera.

Na doazón estiveron tamén presentes o reitor Juan Viaño; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades, Teresa Carballeira Rivera, que ademais participaron no seminario internacional Camiño de Santiago e Europa que organiza a Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC en colaboración co Grupo Compostela de Universidades

Neste encontro, que analiza a pegada da ruta de peregrinación na cultura e construción europea, máis de 50 especialistas e estudantes internacionais interveñen en relatorios e debates nos que se abordarán os aspectos xurídicos, sociais e culturais do Camiño.

No acto inaugural, a vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido, asegurou que “o espírito do Camiño está presente na nosa actividade cotiá, na que fomentamos a promoción e organización de iniciativas que contribúan ao debate cultural e académico a través do traballo de recoñecidos investigadores e agora de xeito máis expreso a través da nosa Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións, da man da Axencia Turismo de Galicia e da Catedral de Santiago”.

Grupo Compostela de Universidades

O Grupo Compostela de Universidades é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que traballa en prol da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da educación superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e dende a súa creación, foi medrando ata unir ao seu camiño a máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os peregrinos do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies