Margaret Lucía abre as Xornadas de Música Contemporánea

0

Compostela, 7 de xuño do 2019 – Un coloquio e un concerto da pianista Margaret Lucía conforman a primeira das Xornadas de Música Contemporánea de Compostela.

Xunto á propia Margaret Lucía participarán no debate María Álvarez Armesto, Anna Bofill Levi, Cruz López de Rego, Mercedes Zavala Gironés. A charla xirará en torno ao título ‘Referencias cruzadas. Compositoras españolas e estadounidenses’. Será as sete e media na Escola de Altos Estudos Musicais e forma parte do proxecto europeo Womarts liderado polo Auditorio de Galicia.

Concerto

Margaret Lucia será quen a continuación, ás 20.30 h, ofrecerá o concerto “Compositoras españolas e estadounidenses: homenaxeando ao pasado, abrazando o presente, explorando o futuro”, cun programa integramente feminino. Este concerto faise en colaboración coa Beca Fullbright, a New York Women Composers e a Universidade de Pennsylvania. Ambos eventos son con entrada libre ata completar a capacidade da sala.

A pianista

Margaret interpreta un repertorio amplo no teclado que vai dos tradicionais, concertos de Mozart e Beethoven e os traballos románticos de Chopin e Schumann, ás pezas altamente xestuais, tonais e atonais de compositores contemporáneos. Como defensora apaixoada da música nova, ten estreado varias pezas, actuando en festivais e concertos ao longo de Estados Unidos así como en Xapón e Europa. Como becaria Fulbright Senior en 2016-17, colaborou con compositores en España e interpretou as súas obras en varios concertos en Madrid, Salamanca e Palma de Mallorca. En novembro de 2011, participou no Festival Internacional de Música Contemporánea en La Habana; a súa gravación de música de compositoras cubanas dos séculos XIX e XX será publicada en breve.

En 2009 formou o Vox Terra Ensemble, que interpreta novas obras de música de cámara para honrar o Día da Terra, así como concertos adicionais durante todo o ano. En xuño de 2003, actuou no Weill Hall de Carnegie Hall na cidade de Nova York co tenor Dr. Jon Robert Cart nun recital conxunto con música vocal e para piano de España e América Latina; actuaron alí novamente en maio de 2005, con obras de compositores mexicanos do século XX. Como membro do Dúo Lucia, realizou un concerto coas sonatas para violín e piano de Joaquín Turina co seu esposo, o violinista Anthony Lucia en España en 2005. Tamén interpretou obras da compositora estadounidense Anna Rubin e a grega Sofia Kamiyanna en Flagstaff, Arizona,

en setembro de 2011. En 2002, participou no Museo Nacional das Mulleres nas Artes en Washington, DC para a Alianza Internacional de Mulleres na Música. Interpretou música de mulleres xaponesas contemporáneas na Universität de Zúrich en 2007, e música de mulleres cubanas para a Conferencia da American Musicological Society en Quebec, nese mesmo ano.

Ademais, a Dra. Lucia participou en conferencias e recitais de música para piano de compositoras en Nova York, Cleveland, Minneapolis, Portland, Salt Lake City e San Antonio, así como noutras cidades dos Estados Unidos. Mentres remataba o seu doutoramento na Universidade de California en San Diego, colaborou como pianista nos seminarios de música de cámara conducidos polo violinista Rafael Druian, foi teclista da Sinfónica de San Diego e invitada especial do conxunto pertencente ao San Diego Museum of Art Chamber e de SONOR, un ensemble de música contemporánea. Os seus profesores inclúen ao falecido Aube Tzerko na Universidade de California, Los Ángeles e no festival musical de Aspen e a Marion Hall, Gyorgy Sebok, Gunther Ludwig e Zhanna Arshanskaya Dawson na Universidade de Indiana, Bloomington, onde recibíu a súa licenciatura e o seu mestrado en piano. Actualmente, a Dra. Lucia é catedrática titular no departamento de música e artes escénicas da Universidade de Shippensburg, Pensilvania. Tamén, traballou como profesora nas Universidades de Redlands e California, San Diego, e no Grinnell College en Iowa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial