Este xoves comeza o Outono Códax Festival, un dos festivais máis reputados de toda España e que desde o inicio contou co apoio de Martin Códax.

Falamos con María Garrido, directora de Márketing, para coñecer un pouco mellor como naceu esa colaboración e de que xeito traballa a marca vitivinícola. Nos encontramos con María Garrido no Museo do Pobo Galego onde Martín Códax ven de participar na edición dun disco de arquivos sonoros da entidade, outro patrocinio vinculado a música e ao son.

Comezamos preguntándolle polos inicios da colaboración coa organización do Outono Códax e polos motivos que os levaron a apoiar o festival

 

María Garrido explica que o nome de Martín Códax define non só a marca se non o sentir, son cultura e buscan proxectos que marquen a diferenza para axudar a facelos visibles

 

Esa búsqueda de proxectos distintos fai tamén que sexa difícil elixir, a marca  recibe moitas propostas pero non todas encaixan xa que como di María Garrido prefiren colaboracións a longo prazo

 

Detrás de Martín Códax hai persoas. É necesario resaltar o que pode ser unha obviedade porque esa característica define tamén o que hoxe en día representa a marca, esas persoas son as que apostan desde hai máis de 30 anos polo apoio a cultura

 

Ademais da cultura a marca se define pola orixe. María Garrido destaca que a día de hoxe Martín Códax é recoñecido como un viño galego e de calidade en calquera parte do mundo

 

María garrido
María Garrido non é unha directora de márketing de despacho, é habitual vela nos concertos do Outono Festival aínda que non é capaz de dicir cal artistas lle gustou mais ou cal espera que este ano a faga disfrutar

A implicación da empresa privada na cultura é por regra xeral moi escasa se a comparamos coa cantidade de proxectos que nacen en Galicia. Martín Códax leva 30 anos sacando a luz moitas iniciativas e , en concreto, 7 anos apostando polo Outono Códax Festival que este xoves 26 comeza. O apoio a longo prazo é o que fixo que hoxe o Festival sexa un dos máis importantes do país no ámbito da música negra e que move cada ano a xente de todo o noroeste peninsular. Agora só queda anotar na axenda tódalas citas para non perderse ningunha

Outono Códax Festival 2017

JUEVES 26 OCT | SALA CAPITOL | 20.30

PP ARNOLD
CACHAS & COUSINS

VIERNES 3 NOV | SALA CAPITOL | 21.30
Hendrik Röver, Óscar Avendaño & Juanjo Zamorano

SÁBADO 4 NOV | SALA CAPITOL | 20.30

HILLBILLY MOON EXPLOSION
DADDY LONG LEGS
MAD MARTIN TRIO

VIERNES 17 NOV | SALA CAPITOL | 21.30

JOHNNY B. BAD

LAR&FREIRE

SÁBADO 18 NOV | SALA CAPITOL | 20.30

THE SUFFERS
SUGARDADDIES & THE CEREAL KILLERS

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies