займ срочно

O roisense Martín Bouzas prata na contra o reloxo sub23 do Campionato de España

0

Rois, 29 de xuño do 2019 – O nado en Rois Martín Bouzas ven de conseguir a medalla de prata na contra o reloxo sub23 do Campionato de España de ciclismo en carretera.

O defensor do título no puido revalidar a súa coroa, pero conseguiu a medalla que faltaba na súa colección. Ouro no 2016 e 2018, e bronce no 2017, Martín Bouzas colgouse a prata este venres na proba que se está celebrando na Región de Murcia. O corredor da Selección de Galicia rematou a 24 segundos do gañador Mikel Azparren (Euskadi).

Os 21,6 quilómetros do circuíto con inicio e final na localidade de Yecla eran ideais para os especialistas nesta disciplina. A metade do percorrido, no km 10,6, o ciclista de Rois marcou o terceiro mellor rexistro (14:54) a tres segundos do tempo de Iñigo Elosegui (Euskadi). Os cinco primeiro estaban nunha marxe de nove segundos.
Todo se decidiu no segundo treito, un terreo rápido e favorable de regreso a Yecla. Nese sector Azparren remontou dende a quinta posición e asinou un triunfo incontestable. O vasco detivo o cronómetro en 26 minutos e 51 segundos. Bouzas tivo que apertar os dentes ata a liña de meta para conseguir a prata, con dous segundos de vantaxe sobre o terceiro clasificado Joan Bennassar (Baleares) e con tres en relación a Elosegui, cuarto finalmente.

Guillermo García, o outro representante da Selección de Galicia, quedou ás portas do Top-10. Cun rexistro de 28:01, tan so un segundo separou ao pontevedrés do décimo mellor tempo.
Sanmartín, cuarta

A actuación galega nesta primeira xornada do campionato completouna a sub23 Paula Sanmartín. Defendendo as cores do seu equipo Eneicue Women, a viguesa obtivo a cuarta posición na súa categoría.
En percorrer a mesma distancia que os homes sub23 inverteu 31 minutos e 40 segundos, concluindo a dezanove segundos de María Banlles (Catema), que se adxudicou o bronce, e a trinta da vencedora Iurani Blanco (Sopela). A Sanmartín correspondeulle a undécima praza na clasificación absoluta elite e sub23.
Carreiras en liña

Este sábado comezarán as competicións en liña coa Sub23 masculina (09:30 horas) , na que a Selección de Galicia regresará a escena formando con nove ciclistas.
Abel Franco, Adrián Barros, Iván Feijoo, Aarón Mariño, José Carlos Amil, Alejandro Regueiro, Guillermo García, Raúl González e Martín Bouzas comporán a aliñación do conxunto autonómico. Os 157,8 km de percorrido están chamados a decidirse na subida ao Castillo de Lorca, que se coroará a catro quilómetros para a conclusión.

Pola tarde (16:30 horas) celebrarase a carreira Elite e Sub23 feminina, sobre 120 km, e para o domingo (09:00 horas) quedará a Elite e Elite UCI masculina coa presenza de tres equipos galegos: Vigo-Rías Baixas, Supermercados Froiz e Aluminios Cortizo. Estas dúas probas raíñas poderán seguirse en directo a través de LaLigaSports.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies