Martiño Noriega critica o bloqueo da remunicipalización da hora (audio)

0

O alcalde de Santiago di que chapuza é ter que estar agora atendendo sentenzas de cousas feitas no pasado

Santiago, 4/09/2016 – Na habitual rolda de prensa dos venres, posterior a xunta de goberno, Martiño Noriega foi preguntado unha vez máis polas declaracións de Psoe e PP calificando de chapuza o informe sobre remunicipalización de guindastre e hora presentado ante o consello de administración de Tussa. O alcalde explicou que dicir sio é unha falta de respeto para quen fixo uns informes moi completos e que avalan a viabilidade da municipalización dos servizos.

Martiño Noriega explicou que ditos informes recollen desde os aspectos económicos do proceso ata a situación dos traballadores que serían subrogados nas mesmas condicións nas que se atopan para, xa a posteriori, iniciar un proceso opositivo.

Sobre a falta de informes o alcalde lembrou que para o debate no consello de administración non eran necesarios os de intervención e secretaría e que serán levados a pleno onde si son preceptivos.

Estas foron parte das declaracións do alcalde de Compostela

 


Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial