A EDAR ou a residencia de maiores de Fontiñas temas que Martiño Noriega quere falar co presidente da Xunta

0

Compostela, 8 de setembro do 2018 – O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ven de solicitar unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para tratar distintos asuntos relacionados coa cidade.

Na solicitude explícase que se trata dunha reunión “na que facer balance da relación institucional entre Concello de Santiago e Goberno galego, e na que repasar os asuntos que lle afectan á Compostela e que son competencia autonómica”. Martiño Noriega lembrou que o seu último encontro con Núñez Feijóo foi en marzo de 2017, “ao pouco de iniciarse a lexislatura galega, e cremos que toca analizar as cuestións pendentes e aquelas nas que se teñen dado importantes pasos nos últimos meses”.

O alcalde explicou que “no último curso político da actual Corporación municipal queremos facer repaso dos asuntos pendentes, pero tamén poñer sobre a mesa novos horizontes e novos proxectos para a capital de Galicia”. Entre os novos asuntos estaría a Cidade da Raqueta pero o rexedor tamén destaca a EDAR o a residencia de maiores para Fontiñas

Martiño Noriega mostrou o seu interese por abordar co presidente da Xunta cuestións relacionadas co financiamento da capitalidade, “que seguimos considerando insuficiente”, as infraestruturas e os equipamentos, as políticas sociais, o rural e o medio ambiente, e a gobernanza do turismo, “un debate que abrimos no seu momento e que consideramos que segue sen estar resolto”.

O alcalde tamén quixo salientar “os pasos dados para desbloquear moitas cuestións que arrastraba Santiago desde hai anos, e para as que houbo colaboración institucional tanto coa Xunta como co Goberno do Estado, como a construción da intermodal, a conexión coa AP-9, a construción da variante de Aradas ou o enlace orbital”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial