Masterclass de iniciación ao tríatlon  no concello de Ordes

0

Ordes, 8 de novembro do 2017 –  O Departamento de Deportes do Concello de Ordes e o Club Ciclista Riazor organizan de xeito gratuíto un ciclo de masterclass de iniciación ao tríatlon.

A masterclass de tríatlon está dirixida a todas as persoas interesadas a partir dos 8 anos de idade que xa se poden inscribir na piscina Iván Raña.

O programa, no cal poderán participar como máximo 15 persoas, desenvolverase de 16.30 a 17.30 horas ao longo de tres días. O 25 de novembro realizaranse exercicios de auga, con técnicas específicas nas catro modalidades, ademais de traballar aspectos relacionados coa velocidade e a transición de auga a bicicleta. O 2 de decembro a sesión centrarase na bicicleta, no modo de pedaleo e exercicios técnicos (20´). Por último, o 16 de decembro mellorarase a transición de bicicleta a carreira, ademais de exercicios de velocidade curtos, técnicas de carreira, estiradas e finalización (15´).

O material necesario para estas clases será: traxe e gorro de baño, lentes, bici, casco, guantes, roupa de ciclismo e zapatillas deportivas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies