O Matadoiro de Compostela acolle unhas xornadas dos colectivos Amizando, Avante LGTBI e Arelas

0

Compostela, 9 de novembro do 2018 – Este sábado o Matadoiro de Compostela acolle unhas xornadas encontro dos colectivos Amizando, Avante LGTBI e Arelas.

As entidades organizadoras invitan a participar explicando que “estamos seguras de que nos atopamos cerca dos cambios socias necesarios, dereitos e alegrías polas que loitamos, así que animamos a toda sociedade a sumarse con nós ao carro do democrático e o humano o 10 de novembro no Matadoiro”.

Programa

– 12:00 hs Dous obradoiros literarios para crianzas e adolescentes sobre a temática trans infanto-xuvenil da man de Iria Misa escritora da novela “Mamá, quero ser Ziggy Stardust” e Eva Mejuto escritos de “22 segundos”

-12:30 Hs Vídeo-forum co documental 2MUJERES”,  un documental sobre a diversidade e a violencia de xénero cara as mulleres trans. A audiovisual conta cos testemuños en primeira persoa de mulleres trans que viviron situacións de violencia. Tamén interveñen figuras do activismo feminista trans, como mulleres do mundo da política que achegan a súa visión desde o ámbito que traballan.

-14:30 H Comida popular.

– 17:30 H Mesa Redonda: “Situación legal de las personas trans en el Estado Español,  retos de futuro: Ley Trans Estatal” e contaremos ca presencia de Mar Cambrollé, presidenta da Federación Plataforma Trans Estatal e unha das activistas máis recoñecidas en España dentro do colectivo que máis ten loitado polos seus dereitos e Vanessa Angustia, Senadora de En Marea.

– 20:00 H Concentración na Praza 8 de marzo. Pola despatoloxización trans, Autodeterminación de xénero para a igualdade real.

 Todas as actividades son abertas ó público en xeral. 

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial