A Media Maratón do Camiño dispútase este domingo entre Arzúa e O Pino

0

Bisbarra, 5 de xullo do 2018 – 21 kilómetros entre Arzúa e O Pino, esa é a distancia que terán que percorrer os participantes na Media Maratón do Camiño que se disputa este próximo domingo.

Pedro Nimo, no centro, participando nunha proba

O ex campión de España de Maratón e vencedor da pasada edición, Pedro Nimo, e o campión galego de trail Alberto Carou, xunto co corredor arzúan Manuel Penas Blanco figuran entre os máis de 150 inscritos na media maratón O Gran camiño.

O Camiño Francés e os peregrinos que ese día percorran a ruta xacobea serán os outros grandes protagonistas do Gran Camiño, que organizan os concellos do Pino e Arzúa, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, El Corte Inglés, Abanca, Gonzacar e Clínica de Fisioterapia LR.

Rocío Alvite, última gañadora, chegando a meta

Cunha dificultade técnica media segundo a organización, o percorrido transcorrerá maioritariamente por zonas de terra dura, o que permitirá a utilización de calquera tipo de calzado. A ruta está considerada rápida na segunda metade da proba, xa que a saída está a maior altitude que a meta.

Na edición do ano pasado, a maioría dos atletas destacaban a beleza do percorrido e que puidesen compartir un tramo do Camiño cos centos de peregrinos que ese día camiñaban cara a Compostela. Pedro Nimo, que se impuxo con claridade, quere repetir vitoria este ano.

Premios e colaboradores

Saída en Arzúa da edición 2017

A organización establece premios en metálico de entre 50 e 300 euros para os seis primeiros clasificados da xeral, e de 75 a 300 para os catro primeiros clubs. Ademais, os tres primeiros, tanto da xeral como de cada categoría, recibirán un trofeo conmemorativo. A saída darase ás 10.00 horas en Arzúa e a meta estará situada no lugar de Lameiro, a carón da piscina municipal de Arca (O Pino). O control na meta pecharase ás 12:45 horas. Neste mesmo punto localízanse tamén os vestiarios e as duchas para todos os participantes.

A organización estableceu un sistema de transporte, mediante autobuses cada 15 minutos, que trasladarán aos participantes dende a liña de meta ata o punto de saída entre ás 08.15 e as 09.30 horas. Ademais de na meta, haberá tres puntos de avituallamento para os corredores, que estarán ubicados nos quilómetros 5, 10 e 15 do percorrido.

Máis información e inscrición en www.emesports.es e www.carreirasgalegas.com

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies