займ срочно

Melide abrirá o novo centro de saúde a principios de ano

0

Melide, 30 de decembro do 2020 – O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o novo centro de saúde de Melide que está previsto que entre en funcionamento nun prazo aproximado de dous meses.

Na actualidade, o centro dá asistencia a unhas 7.000 tarxetas sanitarias pertencentes ao concello de Melide das que preto de 800 son pacientes en idade pediátrica. Así mesmo, as urxencias atendidas no Punto de Atención Continuada (PAC), dan cobertura a 9.400 cidadáns ao incluír ós concellos de Toques e Santiso.

Xunto a García Comesaña participaron na visita o alcalde de Melide, Juan Manuel Pérez Pena, e a xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloina Núñez Masid, ademais da Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, ex alcaldesa do municipio.

O centro de saúde construíuse nunha parcela de 4.968 metros cadrados que foi cedida polo concello. Ten unha superficie de 1.943 metros cadrados o que supón un incremento do 60,69% respecto da superficie do actual centro de saúde.

O novo edificio dispón de cinco consultas de medicina de familia e outras cinco de enfermería, unha consulta de pediatría e outra de enfermería pediátrica. Conta tamén cunha sala de toma de mostras, unha consulta de farmacia, unha de matrona e outra de traballo social. Ademais, dispón dunha sala de educación sanitaria, consulta de odontólogo e de hixienista e unha zona de fisioterapia cunha ampla sala para ximnasio, a maiores da consulta, ao que hai que engadir cabinas de tratamento e sala de espera. Tamén conta con salas de xuntas e descanso para o persoal, aseos, recepción, arquivos e almacén, entre outros espazos.

En canto ao PAC, disporá dunha consulta de medicina e unha consulta de enfermería, sala de reanimación-observación, recepción, aseos, vestiarios, esperas, tres dormitorios e sala de descanso do persoal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies