Melide acollerá unha charla sobre o bono social eléctrico

0

Melide, 23 de marzo do 2019 –  A sala do Edificio Multiusos do Concello de Melide acollerá o vindeiro luns 25 de marzo ás 19h da tarde unha sesión informativa práctica sobre o bono social eléctrico.

A conferencia está promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, relacionada con novo bono social eléctrico, coa factura da luz e con medidas de eficiencia enerxética.

A actividade, está dirixida ao persoal que traballa a cotío con persoas que poidan cumprir os requisitos para optar a este tipo de axudas: xubilados, rendas baixas, familias numerosas e colectivos en risco de exclusión social, pero tamén a todas as aquelas persoas que podan ser beneficiarias do bono ou estean interesadas en ter información sobre como aforrar na factura da luz e adoptar medidas de eficiencia enerxética.

A actividade será unha sesión práctica que intentará solucionar dúbidas e facilitar a solicitude das axudas relacionadas con este tema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial