Melide acomete melloras de mantemento no edificio da residencia

0

Melide, 14 de setembro do 2018 –  O Concello de Melide, a través da súa Concellería de Obras realizou melloras na fachada do edificio da residencia da terceira idade.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, di das obras na residencia que “foron labores de mantemento e posta a punto para o comezo da temporada de outono e con ela a chegada das choivas, para subsanar pequenos problemas de filtracións que puideran aparecer e ao mesmo tempo arranxar pequenos problemas derivados do paso do tempo no edificio”.

A residencia de maiores de Melide ofrece tamén o servizo de Centro de Día e Vivendas Tuteladas, sendo a único en Galicia que ofrece os tres servizos, e está incluída dentro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial