Melide acomete melloras na gardería municipal grazas ao finaciamento da Xunta

0

Melide, 8 de novembro do 2018 –  A gardería municipal do Concello de Melide vén de recibir unha axuda, da Xunta de Galicia, 34.915 euros para realizar diferentes melloras no inmoble.

Trátase dunha axuda da Consellería de Política Social e está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A achega servirá para mellorar a accesibilidade  da gardería e conseguir novo equipamento como mobiliario , ordenadores e encerados dixitais.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explicaba que esta axuda permitirá unha reforma na calefacción do edificio, así como a adquisición de novo mobiliario entre outras actuacións que beneficiarán aos usuarios desta instalación municipal.

Esta liña de axudas está dirixida ás corporacións locais que teñan en funcionamento unha escola infantil 0-3 ou un punto de atención á infancia da súa titularidade, ou aquelas que unicamente dependan da dotación do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade para seren postos en marcha no curso 2018/19. En concreto, mediante esta orde fináncianse obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial