Melide acondiciona un tramo do Camiño Francés

0

Os traballos foron efectuados pola Axencia Galega de Turismo, a petición do goberno de Melide, quen puxo en coñecemento da axencia autonómica a necesidade de que o trazado complementario fose adecentado debido ao mal estado do firme.

zona do camiño francés acondicionada en MelideMelide, 23 de outubro do 2016.- O trazado complementario ao seu paso por Melide ven de ser adecentado ao seu paso pola parroquia de Penas, punto no que se encontraba nun estado moi lamentable e no que o goberno local fixo unha actuación mínima para que os veciños e veciñas poidesen traballar as súas fincas sen ser prexudicados e os peregrinos poideran transitar de maneira normal.

Posto en coñecemento de Turismo o estado do tramo complementario neste punto polo goberno local e vistas as continuas demandas dos veciños debido a perigosidade para os peregrinos que escollían esta ruta a Axencia Galega de Turismo ven de adecentar o tramo que se encontraba en mal estado ademáis de informar debidamente ao viandante dos quilómetros de máis que ten a ruta complementaria indicando a posibilidade de coller un trazado ou outro.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, mostra a súa satisfacción pola actuación feita por Turismo ademáis de agradecer a boa receptividade que mostrou o organismo autonómico de buscar unha solución ao problema do mal estado do firme neste punto do Camiño.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial