Teatro, música e cinema ao aire libre no Verán Cultural de Melide

0

Melide, 14 de xullo do 2020 – O concello de Melide ven de presentar o programa de actividades Verán Cultural que cubre o que queda de xullo e o mes de agosto.

A concelleira de Cultura  de Melide, Mayka Basalo, foi a encargada da presentación na que explicou que  “Son actividades organizadas pensando en todos os tramos de idade e en todos os gustos, xa que entendemos que é tempo de lecer en Melide para que as familias poidan gozar das diferentes actuacións en conxunto, este ano, adaptándoas ao protocolo sanitario do Covid-19”.

Programación para toda a familia

Teatro, música e cinema ao aire libre no Verán Cultural de MelideA programación de Melide está estruturada en tres bloques. O primeiro centrarase no cinema coa proxección de filmes ao aire libre no parque Rosalía de Castro. Así, o venres 31 de xullo ás 22h, a película protagonista será O que Arde e o venres 7 de agosto á mesma hora será a quenda para Eroski Paraíso.

O segundo bloque de actividades aglutinará as actividades máis familiares onde poder gozar cos máis cativos e cativas. Así, a primeira proposta será o xoves 30 de xullo cun espectáculo musical que leva por nome “No Camiño con Vallecino”, o xoves 6 de agosto “Muiñada” de Galeatro e o 13 de agosto ten lugar na axenda o espectáculo de circo para público familiar “Só” de Xanpatito Pato. Todos as actuacións serán na praza do Convento de Melide ás 20.30h. da tarde.

Haberá oco no Verán Cultural de Melide para os sábados musicais, onde os ritmos de Caamaño&Ameixeiras recalarán o sábado 1 de agosto, Davide, Fransy e Cibrán actuarán o 8 de agosto e o venres 14, será a quenda para Zoelas. Todos os concertos serán na praza do Convento ás 21.30h da noite.

Todas as actividades que se celebrarán dentro da programación do Verán Cultural serán gratuítas.

Verán cultural seguro en melide

Debido á pandemia sanitaria dende a Concellería de Cultura puxeron en marcha un protocolo anti-covid-19 para asegurar que todas as actividades se celebren con seguridade.

En todas as actividades será obrigatorio o uso de máscara, o aforo estará controlado e haberá que manter as distancias de seguridade ditadas polas autoridades sanitarias.

Por iso, será necesario reservar praza para poder acudir a actividades e concertos con antelación no teléfono 981 50 50 03 extensión 5, ou no correo electrónico reservasculturais@concellodemelide.gal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial