Melide adxudicará a pavimentación de varias pistas

0

Melide, 12 de febreiro do 2019 –  O Concello de Melide adxudicará o proxecto de pavimentación e aglomerado en quente de dúas pistas de Santa María: o acceso ao Carballal e acceso á igrexa de Santa María dende a N-547.

O importe será de 59.700,19 euros. As melloras en estas pistas tamén lle sumarán, actuacións de pavimentación e aglomerado en quente da circunvalación do campo da feira dende o acceso da N-547  ata o entronque co Camiño Vello de Santiago, rematando integramente a pavimentación dende o campo da feira e ata a N-547, que se utiliza como vía de circunvalación complementaria ao cruce da N-547 coa AC-840.

A alcaldesa Dalia García dicía que “Esta obra é unha das que o goberno local comprometerá co fin de ir cubrindo o acceso a parroquias así como incrementando os metros de aglomerado no casco urbano en pistas que contan con moita afluencia de vehículos no seu día a día”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial