Melide xa ten APP móbil de información municipal

0

Melide, 26 de marzo do 2018 –  O Concello de Melide acaba de poñer en marcha “Melide informa”, unha APP gratuíta para dispositivos móbiles e tabletas que permitirá á veciñanza recibir de forma inmediata toda a información municipal de interese: bandos, anuncios e novas.

A APP pode descargarse de balde na tenda de aplicacións de Google Play para a plataforma Android ou na App Store para os dispositivos con IOS de Apple. Unha vez descargada esta a aplicación de Bandomovil” nos móbiles con sistema operativo IOS.  “Melide informa” é unha aplicación moi sinxela e está estruturada de forma que o veciño ou veciña poida configurala e usala dacordo coas súas necesidades ou intereses. A primeira é a sección que dá nome á aplicación, “Melide informa”, que enviará á veciñanza notificacións emerxentes e instantáneas aos seus terminais móbiles sobre cinco categorías: cultura e ocio, horarios, servizos, novas e información xeral. Unha información que se complementa cunha axenda de actividades e cunha lista telefónica.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explicaba que se trata dunha aplicación moi sinxela e intuitiva xa que “está estruturada de maneira na que os veciños poidan configurala e empregala no seu día a día para estar ao tanto do que sucede no noso concello”. Engadía que “dende o noso equipo de goberno estamos a facer un esforzo especial na mellora das comunicacións coa nosa veciñanza, temos unha páxina web e perfís nas redes sociais de Facebook e Twitter que se actualizan día a día, e agora esta APP “Melide informa”, son ferramentas que utilizamos de maneira cotiá para que os nosos veciños e veciñas non perdan detalle do que acontece na vila e poidan ser partícipes de todas a cada unha das actividades”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies