Melide aproba 18 bonificacións do IBI a explotacións gandeiras

0

Melide, 5 de febreiro do 2019 –  O Concello de Melide ten aprobadas ata o momento 18 bonificacións do Imposto de Bens Inmobles, IBI, a explotacións agro gandeiras.

Dende a entrada en vigor da ordenanza que regula as bonificacións do IBI, o pasado 13 de abril do ano 2018, presentáronse no Concello de Melide 20 solicitudes no 2017, das que se admitiron 14, e 7 no 2018 das que se admitiron 4 aínda que as outras tres poden subsanar aínda a falta de documentación.

Dalia García, a alcaldesa de Melide, indica que “son expedientes que requiren a maioría das veces moita documentación que debe ser adaptada ao titular actual do inmoble. Melide foi un dos primeiros en declarar a actividade agraria como prioritaria e de utilidade pública para o seu concello”. García, recorda a toda a veciñanza a posibilidade de solicitar este trámite sempre no ano inmediatamente anterior á entrada en vigor da bonificación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial