Melide aproba a bonificación do 50% do ICIO para unha vintena de vivendas protexidas

0

Melide, 8 de decembro do 2017 –  O pleno de Melide aprobou, por unanimidade dos tres partidos políticos con representación no Concello, a bonificación do 50% do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras para as 23 vivendas protexidas locais. 

A alcaldesa de Melide, Dalia García, explica que “esta obra xa está adxudicada e redundará nunha mellora nesta edificación para o incremento da eficiencia enerxética que aumentará o illamento destas vivendas en dúas fases e que beneficiará a todos os veciños e veciñas que viven nas vivendas protexidas da rúa José Cándido Ares, grazas aos Fondos FEDER Galicia 2014-2020”.

O Partido Popular de Melide presentou no pleno unha moción instando á Deputación da Coruña a que teña  “un trato igualitario con todos e cada un dos Concellos da provincia”. Tanto a rexedora melidense, Dalia García, como a voceira do goberno local, María Jesús López, explicaron no Pleno que “en numerosas ocasións propuxemos dende o noso partido ao presidente da institución provincial o arranxo de diferentes beirarrúas na parroquia de Santa María, e non obtendo resposta, propuxemos neste Pleno que estas melloras se inclúan na folla de ruta da Deputación”. A moción foi aprobada polos votos a favor dos populares e a abstención dos nacionalistas e socialistas.

O polígono da Madanela, foi protagonista por unha das mocións presentadas polo Partido Socialista en canto o seu límite de capacidade. A rexedora apuntaba que “durante o primeiro semestre do ano o goberno melidense leva planificando as vías de ampliación do polígono industrial”, e facía fincapé na información técnica presentada polo grupo da oposición  que “carece de concreción técnica, e dicir, as leis ás que fai referencia para aplicación do deslinde da Rede Natura non teñen nada que ver coa realidade”. García recalcaba no Pleno que “non ten nada que ver as parcelas vendidas coas ocupadas condición sine qua non se esixe para a ampliación do solo industrial. Alarmismos sen papeis e estudos non son bos conselleiros de Melide”, concluía.

O Pleno tamén tratou o asunto de homenaxear ao ex párroco de Melide falecido, don Antonio García Mourelle cunha rúa na vila, un iniciativa que xa no 2008 o Partido Popular propuxera ao goberno vixente naquel momento formado por BNG e PSOE. A rexedora melidense, incidiu “no total apoio do meu partido a un recoñecemento público ao párroco melidense”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies