Melide aproba o POS+ 2019

0

Melide, 21 de decembro do 2018 – O Pleno do Concello de Melide, vén de aprobar os investimentos previstos con cargo ó POS+ 2019 da Deputación da Coruña cos votos a favor do PSOE e a abstención do BNG.

Na execución do POS+ 2019 Melide destinará 225.663,70 euros para realizar melloras en diferentes viarios. Contémplanse en estas actuacións o arranxo da rúa Folicheiro coa correspondente senda peonil, a creación doutro roteiro que conecte a Martagona á altura do CEIP número 2 coa parroquia de Furelos así como outras obras de saneamento e canalización de redes separativas, en Vicente Risco entre outras.

No que corresponde ao apartado destinado para gasto corrente, o Concello de Melide destina 372.380,04 euros ao igual que o viña facendo en anualidades anteriores, que se utilizarán para a limpeza viaria e a pagamento da luz pública.

Na achega complementaria o Concello de Melide apostará novamente por unha segunda parte da posta en valor da rúa Campo Grande,cun total de 298.248,50 euros de investimento.  Dende o goberno local, tomouse este ano de novo a decisión de non facer uso do apartado de préstamo provincial, xa que, unha vez cotexados os informes de Intervención municipal, o organismo local conta con boa saúde económica. Sendo así, a cifra destinada pola Deputación da Coruña ao Concello de Melide de 597.943,74 euros, para estes conceptos.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, asegura “os veciños e veciñas de Melide perden capacidade de investimento nos plans da deputación ano tras ano, xa que é curioso que en termos absolutos con respeto ao 2018, teñamos unha baixada de 19,22% de achega provincial o que se traduce en 142.232, 30 euros de diferenza co POS POS+2018”.

A rexedora lamentaba unha vez máis que “teñamos que ser gobernados por unha Deputación totalmente partidista e carente de criterios obxetivos,xa que se ten comprobado que nas 37 alcaldías gobernadas polo Partido Popular, quen máis e quen menos, perde o 20% de fondos como media deste Plan, que sempre foi o pulmón dos investimentos dos concellos”.

A Deputación resposta as críticas

O Deputado Antonio Leira explica, en resposta as críticas da alcaldesa, que a Deputación investiu desde o 2017 tres millóns catrocentos mil euros no concello, cifra que duplica a aportada pola institución no período 2011 – 2015, gobernada entón polo Partido Popular. O portavoz socialista en Melide, José Antonio Prado, dicía pola súa banda que “a Deputación aporta máis fondos ao concello que cando gobernaba o PP” e acusaba a alcaldesa de incapacidade para xestionalos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial