Melide aproba oito actuacións en seis parroquias do concello

0

Melide, 16 de abril do 2019 – A última Xunta de Goberno Local do Concello de Melide aprobou a realización de melloras en pistas e camiños de seis parroquias do municipio.

Os arranxos en pistas aprobados comezan no acceso á Escola de Balta, e seguen pola pista de Baltar á Uceira en Golán, a pista de Castiñeiroa cara Casas Novas, o acceso a Xubial dende a AC-840, o acceso ao Pazo de Tarrío, o acceso ao Alto, unha pista en Maceda e o acceso a Santalla de Agrón.

Son un total de oito actuacións que comprenden non só a mellora do firme nas pistas senon tamén a limpeza de cunetas. Sendo beneficiarias as parroquias de Baltar, Golán, Castiñeiroa, Xubial, Maceda e Santalla de Agrón.

Rúa Mateo Segade Bugueiro

Así mesmo, na última XGL melidense,  tamén se solicitou a documentación para seguir co proceso de contratación para a reforma e posta en valor da rúa Mateo Segade Bugueiro de Melide.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial