займ срочно

Melide aprobará en pleno a exención do IBI gandeiro

0

Melide, 12 de xullo do 2018 – Melide aprobará hoxe xoves, nun Pleno extraordinario, a exención do IBI gandeiro para un total de 20 explotacións que o solicitaron previamente.

A aprobación da exención do IBI en Pleno é un trámite obrigatorio antes de que a documentación sexa enviada ao departamento tributario na Deputación. A alcaldesa, Dalia García, explicaba que  “despois de examinar varias solicitudes e cumprir cos requisitos establecidos na lexislación vixente o Pleno propoñerá a aprobación das mesmas, agardo contar cos votos a favor da oposición, xa que non cabe dúbida da repercusión gandeira que na vila de Melide e Comarca ten o sector gandeiro. Supoñerá un aforro importante nos petos destes veciños ao eliminar a carga fiscal. Todas as persoas que queiran solicitar a rebaixa do IBI gandeiro e forestal para o vindeiro ano, terán que facelo ata o 31 de decembro de 2018”

Bonificacións do 95% para o sector primario

O Concello de Melide aprobou hai un ano unha medida de carácter fiscal para facilitar a aplicación da bonificación máxima do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás explotacións gandeiras.  Dentro desta medida, compre salientar que cando a actividade sexa compartida con outros usos, non agrarias, nin gandeiros, nin forestais, a bonificación tan só será do 50%.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies