займ срочно

Melide arranxa un tramo do Camiño de Santiago de competencia autonómica

0

Melide, 9 de xaneiro do 2019 – O concello de Melide decidiu arranxar un tramo do Camiño de Santiago, pese a ser de competencia autonómica, polo mal estado no que se atopa.

Trátase do tramo de Santa María no que o Camiño de Santiago está cheo de profundos baches que dificultaban o acceso dos veciños as vivendas.

A actuación é de urxencia xa que prolongouse nos últimos meses sen que se tomaran medidas pese as chamadas realizadas a Xunta de Galicia.

Melide arranxo Camiño de SantiagoO goberno municipal de Melide, tomou a decisión de destinar cartos das arcas públicas para poder subsanar os baches existentes e mellorar así a calidade de vida dos veciños da zona.

Dende o Consistorio o apuntan que “pese a non ser competencia municipal o mantemento do Camiño de Santiago, senón que é autonómica, vímonos na obriga de actuar polo calamitoso estado deste firme. Dende a Mancomunidade de Concello do Camiño de Santiago, da que formamos parte, xa lle requirimos á Xunta de Galicia o arranxo destas deficiencias en setembro, pero non obtivemos resposta”.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies