Melide pide por unanimidade o arranxo da estrada con Toques

0

Melide, 23 de setembro do 2017 – Unanimidade no pleno municipal do concello de Melide para solicitar o arranxo da estrada con Toques, a denominada Dp-4604.

O Partido Popular do Concello de Melide presentaba, no pleno ordinario celebrado o xoves  na casa consistorial, unha moción na que se instaba ao goberno da Deputación da Coruña o arranxo da estrada con Toques e a mellora da sinaléctica horizontal. A proposta de achegar as queixas ao goberno provincial foi apoiada polos outros dous grupos da corporación, o BNG e o Psoe.

A alcaldesa de Melide Dalía García explicaba que  “Tratase dun problema que lle trasladamos á Deputación da Coruña en numerosas ocasións, non só de palabra cando o seu presidente, Valentín García e o deputado de Obras, José Manuel Pequeño, visitaron Melide, senón tamén  con dous rexistros de saída, con informes e fotografías demostrando o feito, e incluso fixemos un rogo no último pleno provincial por parte do noso Portavoz Popular na Deputación,Agustín Hernández, sen que tivesemos, ata o momento, contestación algunha”.

O principais problemas da estrada con Toques danse na acumulación de auga nos pasos de peóns cando chove, polo que se pide que sexan descubertos os condutos de alcantarillado para que as augas pluviais discorran polos mesmos. Dalia García, alcaldesa de Melide falaba deste feito como “insólito” xa que “o habitual é cando se realizan as obras de aglomerado nun estrada respectar o alcantarillado e non deixalo ao cuberto evitando así que a auga da choiva non teña por onde desaguar”. Na petición de arranxo deste viario, tamén se instaba á Deputación da Coruña á mellora do pintado da estrada, facendo especial fincapé “nos pasos de peóns, que se encontran deteriorados en moitos puntos desta travesía”, concluía a rexedora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial