Melide asigna subvencións ao tecido asociativo da vila

0

Melide, 9 de xaneiro do 2018 – O Concello de Melide vén de aprobar en Xunta de Goberno Local máis de 35.000 euros en subvencións que se repartirán entre sete asociacións da vila neste 2018.

As subvencións están destinadas a asociacións de carácter social, deportivo e cultural que se beneficiarán de varios convenios xa aprobados.

Dalia García, alcaldesa de Melide, explica que “con estas axudas pretendemos que a actividade social, deportiva e cultural da vila siga manténdose como o ven facendo ata o momento. Melide é unha da vila con moito dinamismo xa que nas fins de semana, Nadal, verán, Entroido e en datas marcadas enche as súas rúas de actividade”.

Dende o Concello de Melide recalcan que non é nada novo este ano, senón que “trátase dunha política que tamén reflectimos nas contas do pasado ano, onde se asinou coas diferentes asociacións da vila convenios para axudarlles economicamente para que poidan desenvolver as súas tarefas con maior solvencia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial