займ срочно

Os empresarios de Melide promóvense nas redes

0

Melide, 7 de abril do 2020 – ASETEM, a asociación que agrupa aos empresarios de Melide traballa nas redes sociais para manter a clientela en tempo de confinamento.

Son dúas as campañas que teñen en marcha os empresarios melidenses para promover o comercio local. A primeira delas é propia e desenvólvese a través do hashtag #mercareienmelide. Os usuarios que desexen participar poden subir un vídeo, unha imaxe, un poema ou calquera cousa aos seus propios perfís facendo referencia ao primeiro que van mercar en canto remate o confinamento.

Por outra banda, segue en marcha ata o 12 de abril outra actividade en conxunto coa Asociación Galega de Xerencias de Centros Comerciais Abertos, da que falamos en Lindeiros hai uns días.

Os empresarios de Melide promóvense nas redesEn ambas accións os gañadores recibiran 50 en vales de compra para usar unha vez finalice o estado de alarma. ASETEM quere lembrar que pese a que este período pasará en breve, é imprescindible a vontade de todas as persoas para que sigan confiando nos establecementos máis próximos “O consumo de proximidade precisará de todas as persoas para que volva a ser o motor de concellos e comarcas; o comercio local ten que ser a punta de lanza da recuperación económica e social que está por vir, e que grazas á axuda dos clientes, pasados e futuros, volverase a poñer en marcha a maquinaria”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies