Melide aumenta as horas de servizo de axuda a domicilio a persoas dependentes

0

Melide, 28 de xaneiro do 2018 – O Concello de Melide elimina a lista de agarda de axuda a domicilio de persoas dependentes, na que se atopaban 9 persoas, aumentando en 187 o número de horas dispoñibles.

Na actualidade, Melide contaba cun total de 2.622 horas de axuda a domicilio a persoas dependentes que pasan a ser 2.809 horas coas que o departamento de Igualdade e Benestar do Concello de Melide atenderá a totalidade dos veciños que solicitaron este servizo.

 “A concesión de máis horas para este servizo permítenos eliminar a lista de agarda coa que contaba o Concello de Melide para facer uso deste servizo e polo tanto, serán nove os usuarios que poderán gozar do servizo de axuda ao domicilio para persoas dependentes. Dende o concello traballamos a reo para cubrir as necesidades dos nosos veciños, e sentímonos orgullosos de dar cabida ao 100% das demandas dos veciños dependentes con este aumento de horas” explica a alcaldesa de Melide, Dalia García.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial