Melide, 12 de febreiro do 2018 – A alcaldesa de Melide, Dalia García mantivo unha xuntanza de traballo coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato e o director de Augas de Galicia Roberto Rodríguez na que analizaron varios proxectos e obras de interese municipal en materia de saneamento e mellora da calidade das augas fluviais do concello.
Na reunión falouse dos traballos para a conexión do polígono coa EDAR de Melide e da situación actual da zona de baño no río Furelos e da calidade da auga.
A alcadesa expuxo a necesidade de acometer algunha tipo de actuación na praia fluvial co fin de mellorar a calidade da auga na zona, unha petición que a conselleira de Medio Ambiente comprometeuse a estudar con Augas de Galicia.