займ срочно

Melide inicia unha nova campaña de desbroces nas parroquias

0

Melide, 18 de xullo do 2018 – O concello de Melide ven de poñer en marcha unha nova campaña de desbroces nas parroquias do rural co fin de previr incendios e mellorar a seguridade viaria.

A Concellería de Obras e Servizos realizara os desbroces nas 26 parroquias do concello. Melide dispón actualmente de seis tractores, dous vehículos municipais e catro empresas contratadas que traballan xa desde hai tempo no mantemento das distintas zonas. A campaña de comezou na parroquia de Golán e estes días os traballos estanse realizando nas parroquias de Maceda, Xubial, Campos e San Salvador, e pouco a pouco iránse extendendo a todas as parroquias do concello.

Os primeiros traballos fixéronse hai meses en pistas non asfaltadas e  en esta nova etapa traballarase nas estradas que son as máis utilizadas polo rural. Ademais da prevención de posibles lumes pola existencia da maleza estas limpezas axudan a despexar as marxes das vías mellorando a seguridade tanto para os coches como para os peóns. A concelleira de Obras e Servizos, Rosa Cabado, explica que “a partires das vindeiras semanas incrementaranse os traballos debido a que unha brigada composta por nove operarios realizará tamén desbroce de maneira manual para poder acceder a lugares nos que as máquinas non o poden facer”. 
Chamamento para a limpeza de solares

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide, fan un chamamento á responsabilidade da veciñanza de Melide para que manteñan os seus solares limpos de maleza sobre todo nestes meses de verán no que as altas temperaturas poden provocar incendios. Tal e como explican ano a ano dende o Concello de Melide o incumprimento desta norma conleva sanción económica. Ademais serán os propietarios dos terreos os que teñan que asumir o custo dos traballos de limpeza no caso de que sexa o Concello quen os realice.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies