Melide celebrará o domingo un magosto con chocolatada

0

Melide, 6 de novembro do 20148 – O Concello de Melide celebrará o próximo domingo un magosto con actividades dirixidas a todas as idades e que inclúe unha chocolatada.

As actividades de esta magosto comezarán xa pola mañá, ás 11h  na casa do concello, cun taller de repostaría magosteira na que poderán participar nenos maiores de cinco anos.  Para poder acudir será necesario realizar unha inscrición previa no departamento de Cultura. As prazas son limitadas.

Ás 17h da tarde a praza do Convento acolle un taller de xogos tradicionais que ofrecerá o colectivo Garabato de Xogos con propostas para todas as idades. Ás 18.30h celebrarase o tradicional magosto, tamén na praza do Convento, con degustación gratuita de castañas do país e chocolate quente. A música correrá a cargo do trío Son Remolino.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, anima a veciños e visitantes a pasar a xornada dominical no concello xa que “facendo referencia a ese lema que tanto utilizamos para referirnos á nosa vila, en Melide Tes de Todo, un día máis así é. Mañá e tarde, teremos opcións para pasar un día diferente tanto para grandes como para cativos. Convido a todos e todas a que se acheguen ao cerne de Galicia o próximo domingo para gozar dunha festa tan nosa, tan tradicional como é por estas datas o magosto”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial