Días Brancos no comercio de Melide

0

Melide, 18 de xuño do 2020 – O Centro Comercial Aberto de Melide, ASETEM, comeza hoxe a campaña Días Brancos coa que quere impulsar o comercio tras dous meses de parón.

Os comercios de Melide que integran ASETEM desenvolverán esta promoción ata o próximo venres 19 de xullo substituíndo de este xeito a Noite Aberta, unha das citas tradicionais do concello.

ASETEM explica que trala pandemia o sector comercial é un dos máis prexudicados “Con esta campaña queremos dar visibilidade á localidade como un punto fundamental do comercio de Galicia e poñer de manifesto que non é necesario percorrer grandes distancias para conseguir os produtos que nos fan falta”, apuntou a xerente, Pilar López.

Días Brancos no comercio de MelideComo participar

Por cada compra superior a 10 euros en establecementos asociados, entre os días 17 e 19 de xuño (ambos inclusive), farase unha fotografía ao tícket e enviarase á conta de correo electrónico diasbrancosmelide@gmail.com. Unha vez recibido, devolverase unha resposta cun número, que é o número co que se participará nos sorteos. Nos casos no que o cliente non teña correo electrónico ou non manexe as novas tecnoloxías poderá facelo a través dun familiar ou, incluso, do propio comerciante. Non hai un límite de participacións e por cada tícket hai unha oportunidade de gañar os premios.

O primeiro sorteo terá lugar o día 23 de xuño, nas oficinas de ASETEM. Despois do primeiro sorteo, cando o premiado veña a recoller o seu agasallo será el mesmo o encargado de sacar o seguinte número, e así sucesivamente. Os números publicaranse nas redes sociais da asociación.

Premios

Os premios serán os seguintes

1.- Lote de queixos valorado en 100 €

2.- Estancia en Balneario e circuíto spa para dúas persoas valorado en 150 €

3.- Cea ou comida valorada en 100 €

4.- 150 € en vales de compra ASETEM

A asociación repartirá globos brancos e alfombras vermellas para decorar os locais. Ademais, cada establecemento, poderá aportar a súa propia decoración coa idea de alegrar a vila e animar aos clientes a mercar. Tamén haberá animación polas rúas neses días.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial